É o aire acondicionado machista?

É o aire acondicionado machista?

Laura Garrido | Xornal Galego Que levante a man quen vive esta situación a diario. Levántaste cada mañá sabendo que fóra de casa o termómetro non baixará dos 30º graos, así que te vistes de verán. Con todo, chegas á oficina e tras as calores da carreira que che pegaches (si, outra vez volvías chegar

Laura Garrido | Xornal Galego

Que levante a man quen vive esta situación a diario. Levántaste cada mañá sabendo que fóra de casa o termómetro non baixará dos 30º graos, así que te vistes de verán. Con todo, chegas á oficina e tras as calores da carreira que che pegaches (si, outra vez volvías chegar tarde), comezas a notar o frío do aire acondicionado. E é que, chega un momento no que o frío do aparello consegue que perdes a noción da estación na que estas e que teñas que porche en busca dalgún abrigo ao que arrimarche. Por esaxerado que pareza, este feito dáse en máis ocasións do que imaxinamos. E polo visto en todo o mundo.

O New York Times publicaba o pasado mes un artigo no que afirmaba que o aire acondicionado era unha ferramenta machista xa que se puña a unha temperatura indicada para que os homes, con traxe, non pasasen calor durante as xornadas de verán. Baseándose ademais nun estudo que afirmaba que este aparello se regulaba para favorecer o metabolismo do xénero masculino. Con isto comezou a discordia e o debate, deberiamos tomarnos como algo persoal a temperatura á que se pon o aire acondicionado?

A discusión traspasou os límites da bibliografía científica e os círculos de oficina para asomarse á campaña pola gobernabilidade de Nova York. O equipo de Cynthia Nixon, que aspira a arrebatar o posto ao seu colega demócrata Andrew M. Cuomo, expuxo á cadea de televisión CBS, onde o mércores celebrouse un debate entre ambos, unha petición polémica: fixar a temperatura de estudio en 24,4 °C (76 na escala Farenheit). ?A refrixeración dos espazos pechados é notoriamente sexista?, escribiu unha dos seus responsables de estratexia á cadea nun correo electrónico. Non en balde, Cuomo é famoso por celebrar os seus mitins en recintos case xeados. “Gústalle que o ambiente se quente pola presenza dos corpos”, declarou un dos seus colaboradores. Nixon non quería ter frío.

Con este xesto para frear o KO por conxelación, a actriz de Sexo en Nova York xerou unha riada de mensaxes de apoio de cidadás fartas da pashmina en agosto ao catro da tarde”.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor