Ence vai pechar a fabrica de Pontevedra “porque non quere mal rollo”

Ence vai pechar a fabrica de Pontevedra “porque non quere mal rollo”

Segundo un comunicado publicado pola revista “sexamos amighos” ENCE decidiu pechar a fabrica de Pontevedra tras anos de disputas “porque non quere mal rollito” Laura Garrido para a Sección Chouchadas | Xornal Galego 02/10/2018 “Estamos fartos de ser sinalados como algo que afea a ría ou mesmo que a contamina, imos reconvertir a nosa liña

Segundo un comunicado publicado pola revista “sexamos amighos” ENCE decidiu pechar a fabrica de Pontevedra tras anos de disputas “porque non quere mal rollito”

Laura Garrido para a Sección Chouchadas | Xornal Galego

02/10/2018

“Estamos fartos de ser sinalados como algo que afea a ría ou mesmo que a contamina, imos reconvertir a nosa liña de negocio e pechar a fabrica de Lourizán” Segundo puidemos ollar na citada revista a pasterira vai facer da actual fabrica unha área destinada o “bo rollito” como apuntan fontes non oficiais, pero bastante máis fiables ca un programa político de calquer partido.

“A nova ENCE vai ser un espazo libre onde cultivaremos cannabis, faremos ioga, sesións de reconexión espiritual coa natureza e un pequeno bingo o aire libre. Con toda esta aposta pensamos que nuns anos poderemos extender este modelo de negocio polo monte galego e reconvertir os montes de eucaliptos en áreas cannabicas”.

Sabemos que vai ser dificil negociar coas autoridades rexionais, entendemos as suas reticencias a poder encher Galicia dunha especie non autóctona, máis de seguro que poderemos chegar a algún acordo. “O segredo seguirá estando na pasta” afirmou un mandantario de Ence que non quiso desvelar a sua identidade, xa que en Outes de onde e orixinario todo o mundo sabe que é o fillo de Marcial o panadeiro.

Seguiremos embrullando!

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor