EUA alerta por 11 científicos nucleares mortos ou desaparecidosEUA alerta por 11 científicos nucleares mortos ou desaparecidos

“Algo sinistro detrás”: Congresista dos EUA alerta por 11 científicos nucleares mortos ou desaparecidos

O presidente do Comité de Supervisión da Cámara dos Representantes dos EUA, James Comer, vén de cualificar de “algo sinistro detrás” a serie de 11 casos de científicos ligados ao programa nuclear estadounidense que morreron ou están desaparecidos. Nunha entrevista en Fox News, Comer recoñeceu que ao principio pensou que era unha “teoría conspiratoria”, pero os feitos cambiáronlle a opinión.

Notificou ao Departamento de Guerra, FBI, NASA e Departamento de Enerxía para que entreguen toda a información dispoñible. “Queremos saber todo o que saben sobre estes científicos, xa que case todos estaban afiliados a eses catro axencias”, dixo. Advertiu que calquera con datos debe presentarse e recomendou vixilancia a quen traballa nestes proxectos: “Sabemos que moitos países queren as nosas capacidades nucleares”.

A portavoz da Casa Branca, Karoline Leavitt, confirmou en X que o Goberno revisa os casos co FBI para atopar patróns comúns, sen deixar “ningunha pedra por mover”. O presidente Donald Trump tamén falou do tema tras unha reunión: “É algo bastante serio. Agardemos que sexa casualidade, pero investigámolo”.

Departamento de Enerxía investiga informes sobre empregados dos seus laboratorios. Os casos, concentrados en instalacións clave como o Laboratorio Nacional de Los Alamos ou o JPL da NASA, xera alarma por posible ameaza á seguridade nacional.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta