Eva Lantarón sitúase de novo á fronte da Facultade de Fisioterapia

Eva Lantarón sitúase de novo á fronte da Facultade de Fisioterapia

Foi elixida decana pola Xunta de Facultade con dez votos a favor e dúas abstencións Eva Lantarón sitúase de novo á fronte da Facultade de Fisioterapia A modificación do plan de estudos e a implantación dun mestrado, principais retos Eva Lantarón sitúase de novo á fronte da Facultade de Fisioterapia Con dez votos favorables e

Foi elixida decana pola Xunta de Facultade con dez votos a favor e dúas abstencións

Eva Lantarón sitúase de novo á fronte da Facultade de Fisioterapia
A modificación do plan de estudos e a implantación dun mestrado, principais retos

Eva Lantarón sitúase de novo á fronte da Facultade de Fisioterapia

Con dez votos favorables e dúas abstencións, a Xunta de Facultade elixiu este venres á profesora Eva María Lantarón como nova decana de Fisioterapia nunha votación á que concorreu como única candidata á fronte dun equipo que completan as docentes Mercedes Soto, como vicedecana, e Rocío Abalo, como secretaria académica. Lantarón, que xa estivo á fronte da facultade entre 2013 e 2016, releva no Decanato ao profesor Rafael Durán, que exerceu ao longo do último ano como decano en funcións, e faino, sinalou, con dous retos principais de futuro, a modificación do plan de estudos do grao e traballar na consecución dun mestrado para o centro.

Tras recibir o apoio da Xunta de Facultade, nunha votación á que acudiron 12 dos seus 17 membros, esta profesora titular do Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde inicia “con ilusión e gañas de traballar” unha nova etapa á fronte dun centro do que destacou “o bo traballo que se vén facendo, xa que penso que é unha facultade con moita calidade”. Diplomada en Fisioterapia pola Universidade de Vigo e doutora pola Universidad de Málaga, esta docente da Área de Fisioterapia, quen exercera previamente como vicedecana e secretaria académica da facultade entre os anos 2004 e 2013, estará acompañada na dirección por dúas docentes tamén da Área de Fisioterapia, constituíndo o primeiro equipo decanal integrado exclusivamente por mulleres nesta facultade.

Reforma do plan de estudos, mestrado e traballo conxunto
“Penso que os próximos tres anos son importantes, porque é cando que temos que facer unha modificación do plan de estudos e para iso necesítase un equipo estable no centro”, salientou Lantarón na intervención previa á votación, que abriu agradecendo o labor realizado polos profesores Gustavo Rodríguez Fuentes e Rafael Durán como decanos en funcións nos últimos dous anos, nos que nos procesos electorais abertos non houbo candidaturas para situarse á fronte da facultade. Nese senso, a nova decana lembrou que foi neste período cando a titulación superou a súa acreditación, na que figuraba precisamente esa modificación do plan de estudos que agora se prevé acometer, unha proposta, lembrou, que o equipo avaliador “destacou como positiva”.

Así mesmo, entre os principais retos para esta nova etapa de tres anos, Lantarón salientou a posta en marcha dun mestrado, “co que o alumnado poida acceder ao doutoramento desde un máster propio”, traballo para o que “será fundamental o apoio da Reitoría”, subliñou a nova decana, quen nese senso incidiu a necesidade de reforzar o cadro docente da facultade. “Somos un centro pequeno, polo que é máis complicado distribuír todas as funcións”, recoñece nese senso Lantarón, que ao mesmo tempo pon en valor a calidade dunha facultade e dunha formación “da que recibimos un feedback moi positivo por parte dos empregadores”, e da que destaca tamén a “alta taxa de inserción laboral” dos seus titulados e tituladas. “Practicamente todos conseguen traballo o primeiro mes despois de graduarse”, apuntou.

Nese senso, Lantarón quixo tamén subliñar como un dos seus obxectivos principais “que traballemos todos en equipo, toda a facultade, persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e alumnado, porque todos somos importantes á hora de construír un centro con prestixio”.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor