Galicia contará cun Plan 5G para captar solucións tecnolóxicas

Galicia contará cun Plan 5G para captar solucións tecnolóxicas

Galicia contará cun Plan 5G para captar solucións tecnolóxicas en fase piloto baseadas neste método ultrarrápido de transmisión de datos O plan ten un dobre obxectivo: converter Galicia nun dos primeiros territorios europeos en dispoñer desta tecnoloxía e conseguir que se instalen na nosa Comunidade os equipos de desenvolvemento de equipamento e software necesarios  

Galicia contará cun Plan 5G para captar solucións tecnolóxicas en fase piloto baseadas neste método ultrarrápido de transmisión de datos

O plan ten un dobre obxectivo: converter Galicia nun dos primeiros territorios europeos en dispoñer desta tecnoloxía e conseguir que se instalen na nosa Comunidade os equipos de desenvolvemento de equipamento e software necesarios

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a posta en marcha do Plan Galicia 5G, que permitirá á nosa Comunidade captar solucións tecnolóxicas en fase piloto baseadas neste método ultrarrápido de transmisión de datos.

Esta medida, explicou o titular do Goberno galego, ten un dobre obxectivo. Por unha banda, converter a Galicia nun dos primeiros territorios europeos en dispoñer desta tecnoloxía e, pola outra, conseguir que se instalen na nosa Comunidade os equipos de desenvolvemento de equipamento e software necesarios.

Para iso, o Plan Galicia 5G márcase catro liñas de actuación con medidas concretas:

1. Elaborar unha ordenanza municipal tipo, promovida pola Xunta e a Fegamp. Deste xeito, definirase un catálogo de solucións técnicas válidas e porase en marcha unha Oficina de asesoramento 5G para os concellos.

2. Poñer en marcha o Nodo de cooperación rexional 5G, coordinado polo operador público Retegal.

3. Lanzar, entre este ano e o próximo, as primeiras probas de concepto baseadas nesta tecnoloxía.

4. Crear un Plan de formación especializada.

Tal e como salientou Feijóo, Galicia ten potencial suficiente para acoller desenvolvementos que faciliten despregar redes 5G nunha fase posterior. E é que a nosa Comunidade conta cun sector TIC potente con 21.000 profesionais e preto de 3.400 empresas; con universidades e centros de referencia; e con proxectos innovadores relacionados co 5G, como o Consorcio Aeronáutico de Galicia ou o corredoiro Vigo-Oporto.

“Galicia é a terceira Comunidade autónoma con máis cobertura para redes 4G”, subliñou o presidente, para logo engadir que conta cun operador público neutro, Retegal, que pode facilitar e racionalizar o despregamento da rede 5G.

En concreto, esta tecnoloxía indispensable na evolución de elementos innovadores permitirá impulsar a transformación dixital do rural, mellorar a atención ás persoas maiores ou con doenzas crónicas, prestar servizos médicos a distancia e ofrecer servizos turísticos máis especializados.

Durante a súa intervención, o titular do Goberno galego animou ás sete cidades galegas a implicarse no desenvolvemento desta normativa, dado que as empresas de telecomunicacións xa trasladaron o seu interese en impulsar proxectos 5G en Galicia.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor