Horóscopo en Galego. Semana do 14 o 20 de setembro de 2020

Horóscopo en Galego. Semana do 14 o 20 de setembro de 2020

Horóscopo Galego predicción da Semana Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade… ARIES | : É o momento de sacudirse da preguiza, menos samba e mais traballar que está o mundo pra ti pero ti pareces estar no mundo as veces polo

Horóscopo Galego predicción da Semana

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

  • ARIES | : É o momento de sacudirse da preguiza, menos samba e mais traballar que está o mundo pra ti pero ti pareces estar no mundo as veces polo simple feito de que ten que haber de todo. Tes de afastar o lecer como fin ultimo da tua existencia e pensar de maneira clara e decidida. Debes buscar a fórmula para resolver os posibles problemas que afectan á tua familia sempre e cando a relación sexa boa e produtiva, se non e así mandaos po carallo a todos que ben seguro xa levas moito sufrido por tentar amañalo.


  • TAURO |: Os astros e a tua actitude mellorarán a túa situación amorosa, se xa non tiñas demasiada fe no amor pode que leves unha grata sorpresa, iras de vagar acadando un equilibrio. Coa chegada desta semana vas estar quente como se fose agosto en Ourense, ese fervor emana do teu interior  como as augas termais de Caldas, pero ollo que como elas tendes a sulfurarte e non hai dios que te ature. Se desexas calmar ese calor seduce e conquista a alguén especial, que sexa unha perosa limpa e traballadora que sexa bo mozo ou moza e deixa os ciumes, que non che levarán a nada bo, só a preitos mentais e deses xa estan todos fartos.


  • XEMELGOS |: Esta semana vas brillar con luz propia, se te queren levar a un descampado a ver a pedra que alumbra pola noite non te fies, chegache de sobra coa tua luz. Estas nun momento estelar aprovéitao e logra unha conexión coa xente para triunfar, pero non por redes sociais ou merdas desas, deslumbra en persoa porque esta semana levas as luces larghas postas. Pero ten moito coidado dun inimigo envexoso que só quere ver a túa cara onde tes o pé, se tes inda algun vinculo con ese inimigo mandao pra cona que o botou e deixate de lerias. Se viaxas en avión pode pasar algo máxico


  • CARANGUEXO |: Sentirás gañas de estar e traballar só, so falta unha pinga de viño pra burdar a tua cunca de viño do país interna. Estas no momento de non querer solicitar axuda nin favores a ninguen, eres medio hermitaña e gustariache ter so contacto coa xente cando ti queres, pero o mundo non foi feito a tua medida así que adaptate a sociedade. Esta semana pobre do home ou muller que te ature, seras pior ca un saco de carranchos, tentarás demostrar as túas capacidades. Evita discusións con mulleres maiores que só queren darche un bo consello, xa sabes que as jaliñas vellas fan bo caldo.


  • LEÓN |: Estás a pasar por unha etapa ideal. Agora mesmo camiñas como se levitases ou como se levases uns zapatos de pel de cona de toupeira, así te sintes! especial. Estas nun momento onde queres amar apaixonada e desinteresadamente como se vivises nun culebron latino, queres paixón con esa persoa especial. Non malgastes os cartos que ganas con tanto esforzo nesta fin de semana. Aforra como din que aforran os de Ourense inda que sexas de Carballo!


  • VIRXE |: Sintes que deches moito e non te correspónden de igual maneira, non te frustres nin deprimas. Por moito que se semente as veces ven o jabalí e levase a colleita, se o jabalí e unha loira ou un loiro será que sementaches oude no debías… cambia o teu estado de ánimo para que mellore todo a vida en si mesma e unha carallada e ahora con este sol de carallo non deixes de tomar o sol, pero con protección tanto se vas a praia de noite como se vas de día. O final dalgún dos días de mediados de semana recibirás unha noticia sorpresa moi positiva.


  • BALANZA |: Non arrisques nos negocios, non merques nada nin fagas investimentos esta semana, a tua mellor inversión vai ser mercar un sacho e porte a sachar no millo, ademais aforraras a cuota do ximnasio que total po que vas Evita as discusións dentro do fogar, se tes eirado ou como din os pijos “xardín” evita tamen discutir nel, ti estas tenso e a xente que te rodea directamente esta sensible. O fin de semana fixose para descansar e compartir en familia e desfrutar, así que como no teu caso e fodido o trinomio: Familia, descansar, desfrutar vaite a praia, ou de camping onde podes alugar un jalpón de eses.


  • ESCORPIÓN |: Busca elevar o teu nivel de enerxía, dirixir a túa vida persoal e familiar con maior entusiasmo, o teu corpo e unha maquina case perfecta que precisa de ser coidado e optimizado, eres como un chimpin pasquali, pero tes que facerte unha posta a punto. Fai ioga, pintura, xardinaría ou algo que che axude, salvo se eres un tamancas e te de por andar coa motoserra. Tes que te coidar ti a ti mesmo, déixocho de tarefa para esta semana. Centrate en facer algo por ti, pasea, sal mais da casa e pensa que as empanadas de zamburiñas non se saborean por facebook nin twitter.


  • SAXITARIO |: Terás boa sorte en xeral, parecerá que te cajou unha vareixa así que teras moita sorte, estes días que se aproximan poderían implicar un antes e despois na tua vida, no fondo sintelo así e iso manterate de bo humor e deberías ir xogando ao azar, pero ollo a ruleta rusa e perigosa. Poderosos flechazos e amores poderían ocorrer en calquera momento esta semana cupido está xogando coa botella de licor café e soamente ten frechas para cravarchas a ti, se andabas con sequía non será el o único que crave ben cravado esta semana, leva roupa interior limpa que airear xa a vas airear.


  • CAPRICORNIO |: Poderías compartir coa túa parella (ou con quen carallo queiras, sexa parella ou non) unha cea romántica á luz das velas e unha música de fondo que non sexa Xil Ríos, senon unha música sensual. Ademais de demostrar unha enorme creatividade no sexo e demostrar a tua paixón, busca a partir de hoxe ser máis feliz e amado. Tes moito aor para dar e moito que recibir que non todo na vida e andar a botar o peón. Plantexate buscar de segunda man ese obxecto que andas a procurar. Ten conta co sol xa que poderías queimarte se te pasas coa exposición esta semana.


  • ACUARIO |: Nesta semana estarás moi comunicativo cos teus familiares e amigos, vas falar mais ca un político en campaña, así que se tes que brindar unha charla brillarás e se tes que compartir algo con amigos serás o centro da atención, entre os teus amigos e familiares vaste sentir como Galloso no Luar. Se esta semana te chega algunha carta ou mail con algunha proposta, non a desestimes de primeiras, dalle unha ollada e pensa nela un par de días. Coidado co ego, cando te deixas levar por el cometes erros importantes, pero sentados na taza do vater todos somos iguais.


  • PEIXES  |: Excelente semana para os estudantes e para que podas mellorar a túa economía. Ademais, poderías descubrir un segredo que vai ser importante para ti. Coidado cunha dor en parte do pescozo que non poderás aliviar con nada, parecerache que levas unha canga e puxas por 3 carros de bois. Baixa un pouco o teu nivel de tensión, incluido a muscular ou vas ter que ir a que che den unhas frejas con algún linimento deses que cheira pior que unha bubela.  Boa semana para recibir algún pago ou debeda pendente.

 

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor