Horóscopo Galego do 23 de xullo ó 29 de xullo de 2018

Horóscopo Galego do 23 de xullo ó 29 de xullo de 2018

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 23 de xullo ó 29 de xullo de 2018 Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…   ARIES |:  A eclipse pode dificultar as relacións coas túas amizades, se tes un parajuas nejro estás de sorte no

 Horóscopo Galego predicción da Semana do 23 de xullo ó 29 de xullo de 2018

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

 

  • ARIES |:  A eclipse pode dificultar as relacións coas túas amizades, se tes un parajuas nejro estás de sorte no eido da locuacidade polos bos aspectos que recibes do planeta Mercurio. O influxo de Mercurio achégache unha gran axilidade mental, podes usala para compoñer poesías e merdas de esas que non dan de xantar a ninguén; ou para aclarar algún malentendido que xurdiu.  Non poderán convencerte porque esta semana vas ser o mais teimudo do mundo.

 

  • TAURO |: A eclipse de Lúa despéxache o camiño, as desbrozadoras tamen pero a jasolina vai ben cara… emprega a eclipse para  os obxectivos que marcaches, se e que hai algo que non teñas marcado xa... aínda que debes ser moi cauto e non asumir riscos innecesarios, non desbroces de mais porque as traizóns asexan. É o momento de controlar as túas inseguridades e de pór en práctica as túas habilidades sociais se e que as tes…

  • XEMELGOS |: A bareixa da sorte non soamente cajou porriba tua esta semana senon que se afurricou! Teras tanta sorte que os poucos iranse solucionando os problemas que te inquietan, aínda que a eclipse aféctache moito tamen e inevitable coma as discusións da aldea polos marcos e podes sentirte confuso, sobre todo se tes que tomar unha decisión profesional. Chegan proxectos e moitos reencontros que farán da túa vida social moi activa e gratificante.

  • CARANGUEXO |: Chegou o momento de cambiar a pel da serpe e renovar as tuas ideas e hora de que cheguen aires novos á túa vida, se vives o lado das celulosas pois teraste que foder uns setenta anos mais…  A eclipse vaiche a axudar a conseguir os cambios que precisas. Se estás pendente dunha herdanza, ou de arranxar algunha cuestión similar; non delegues, ese será o mellor dos cnsellos para evitar inconvenientes.

  • LEÓN |: Esta semana serás o signo mais chachi juay.  O 22 o Sol ingresa no teu signo e brillarás coma o arroz ese que hai que papar con jafas de sol, vas estar brillante en todas as facetas da túa vida. A eclipse harmoníza, pero tamén corres o risco de caer nunha espiral de autocompracencia da que debes escapar, segue loitando e exisindo o que queres. Gozarás co que fagas, e segues a darlle voltas a facer algún cambio drástico na túa vida. 

  • VIRXE |: Estes días vas a saber conectar coa xente coma fan os vellos cando xogan a partida o tute. Vas conectar dunha forma case máxica, e a harmonía presidirá o teu fogar e a túa vida, vai parecer un capitulo de Heidi. A eclipse podería provocar unha chea de atrasos ou bloqueos, sobor de todo se e con algún tema relacionado co traballo ou avións. Se sufriches enfrontamentos e tensións con xente do traballo ou da familia agora poderás facer as paces e esquecer todo, faite unha infusión e goza do momento.

  • BALANZA |: Vaste a cair da burra e darte conta de que a felicidade está no teu interior, que os demais non poden quitarcha nin darcha, e moito menos o Celta ou o Depor (que soamente dan disjustos), e ese cambio axudarache a ver a vida coma unha aventura continua. No amor, podes dar algun paso para poder ter un encontro diferente, pero algo vai ir mal… Estas a dubidar s0bre os sentimentos da outra persoa e tes medo a dar pasos en falso.

  • ESCORPIÓN |: Anda a espreitar antes de meter o pé, inda que sexa auga quente. Esta eclipse afecta o ámbito familiar, e poden xurdir conflitos que te distancien dos familiares os que queres, e para o nadal inda queda moito. Vas a triunfar no traballo e cumprir obxectivos que marcaches. Poderás facer unha viaxe e se estás aberto pode ser que xurda de ahí novos amores.

  • SAXITARIO |: Os días 22 e 23 a Lúa transita polo teu signo e coa sua enerxía especial achándache o camiño coma unha pala da obra cara ao éxito. A enerxía da eclipse pode contribuír a que xurdan malentendidos, se andas con temas de leiras por exemplo e que terás que aclarar definindo ben os marcos para non verte prexudicado.  Estarás máis aberto ao amor que nunca e vas a facer cousas nunca vistas como se foses o home invisible con unha muller transparente ou viceversa…

  • CAPRICORNIO |: A eclipse afectará o teu traballo e como es teimudo e tes inquedanzas con relación o teu recoñecemento social poida que a túa necesidade de recoñecemento non se vexa correspondida, da igual se omereces ou non. Os días 25 e 26 a Lúa transitará polo teu signo, e o teu poder de sedución será como se botaras un litro de baron dandy ou chanel número cinco. Lembra que a flexibilidade é fundamental para evitar problemas de parella.

  • ACUARIO |: A eclipse é no teu signo e isto sen dúbida aféctache mais que a morte de chanquete.  O pesimismo e un estado de ánimo nesta semana que gte leva a renuncia antes de comezar calquera cousa e pode facerte perder oportunidades, incluso indo o corte injles de oportunidades. Non rexeites invitacións inda que sexan a un casamento porque a túa vida podería cambiar repentinamente nun evento ou actividade.

  • PEIXES  |: Coa enerxía da eclipse no teu interior estás axitado coma despois dunha viaxe en chimpín de cornos. Necesitas plantar cara aos teus medos, e tamen plantar mais cajallons no water (come mais fibra polo amor de deus). Podes sentirte xulgado, pero a túa intuición, vaiche a axudar a acertar.

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor