Informe semanal do país veciño; Portugal novas do 03 a 08 de xuño

Informe semanal do país veciño; Portugal novas do 03 a 08 de xuño

RESUMO DE  NOTICIAS DE PORTUGAL Esther Romero; corresponsal en Portugal | Xornal Galego Primeiro ministro portugués desexa reunirse pronto con Pedro Sánchez O primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa, dixo falar vía telefónica co novo presidente do goberno español, Pedro Sánchez, onde un dos temas de conversación foi a realización dun encontro entre ambos á

RESUMO DE  NOTICIAS DE PORTUGAL

Esther Romero; corresponsal en Portugal | Xornal Galego

Primeiro ministro portugués desexa reunirse pronto con Pedro Sánchez

O primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa, dixo falar vía telefónica co novo presidente do goberno español, Pedro Sánchez, onde un dos temas de conversación foi a realización dun encontro entre ambos á brevidade, axiña que como se conforme o novo goberno español e Costa regrese dunha xira aos Estados Unidos de América.

Previo á chamada telefónica, Costa felicitara a Sánchez polo seu nomeamento como Presidente do Goberno, esperando continuar coas boas relacións entre Portugal e España, traballando e dando seguimento aos proxectos que os dous países teñen en curso.

Investigadores do Porto participan en proxecto europeo para a prevención da obesidade infantil.

No estudo, que conta cunha financiamiento de dez millóns de euros, búscase identificar a obesidade infantil en Europa e probar os mellores enfoques para a súa prevención, xa que nos últimos estudos realizados, por primeira vez en 100 anos a esperanza de vida dos fillos empeza a ser menor que a dos pais.

Parte do equipo deste estudo confórmano investigadores do Instituto de Saúde Pública do Porto (ISPUP), en Portugal, onde existe unha alta prevalencia da obesidade e pre-obesidade, aumentando a diario o número de casos novos, cunha incidencia moi alta en idades moi temperás.

O estudo conta coa participación de 31 organizacións gobernamentais e de investigación, de 16 países europeos, converténdoo no maior proxecto de investigación en Europa para combater a obesidade infantil-

Once donos de fogares de coidados acusados do crime de desobediencia

Durante o que vai de ano 2018 a Seguridade Social de Portugal enviou ao Ministerio Público 11 denuncias polo crime de desobediencia, ao non respectar a orde de peche de fogares de anciáns ilegais ou sen licenza.

O Instituto de Segurança Social (ISS) coñece de 6 condenas do ano pasado, pero sospeitan que o número pode ser maior, xa que non acompañan o proceso despois da denuncia. Esta actuación da ISS e o Ministerio Público foi sistematicamente criticada pola ALI, unha asociación de fogares privados.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor