Lucía en Sanxenxo será a segunda parte do film “Lucía y el sexo”

A tan agardada segunda parte de “Lucía y el sexo” xa ten data de estrea, será en xuño de 2021 e titularase “Lucía en Sanxenxo”

Informan: Telma e Lois | Xornal Galego sección chouchadas

O filme conta cun orzamento de 20 millóns de euros en A e 35 en B. Será protagonizado por Telmo Martín e Corina Porro xa que a historia percorrerá unha torrida relación sexual entre seniors que transcorre nas noites de verán en Sanxenxo.

Publicidade Xornal Galego:

Coma actores secundarios participarán tamen Abel Caballero e mesmo o Alcalde de Pontevedra Lores que segundo anticipan os guionistas, forman xunta con Telmo Martín un triangulo de amor o redor de Corina Porro que segundo estatisticas aportadas polo Dr Macías Pallas asesor do portal literario e cultural Pornhub “Corina con este filme converteuse en toda unha icona MILF para centos de espectadores da nosa web cultural”.

O filme anuncia tamen esceas de sexo explicito entre os tres protagonistas masculinos, o cal ven de ser toda unha aposta por unha segunda parte de record.

 

Seguiremos embrullando!