Luisa Carcedo fala do papel chave da investigación fronte as pseudociencias

Luisa Carcedo fala do papel chave da investigación fronte as pseudociencias

Carcedo destacou o papel da investigación fronte ás pseudociencias. A ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social, María Luisa Carcedo, lanzou unha mensaxe clara en contra das pseudociencias e a favor da ciencia e a investigación durante o acto da Fundación “Inocente, Inocente”, no que se entregaron axudas a investigacións en cancro infantil. Carcedo instou

Carcedo destacou o papel da investigación fronte ás pseudociencias. A ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social, María Luisa Carcedo, lanzou unha mensaxe clara en contra das pseudociencias e a favor da ciencia e a investigación durante o acto da Fundación “Inocente, Inocente”, no que se entregaron axudas a investigacións en cancro infantil.

Carcedo instou a ter un especial empeño en defender a investigación e aos investigadores e pór cerco así ás tendencias ao pensamento máxico das curacións, declaracións nas que arremetía claramente contra as pseudociencias e outro tipo de terapias alternativas, se ben agora mesmo a tendencia e a incluir neste calificativo as terapias naturais coma a Osteopatía, Acupuntura, Homeopatía… terapias que cada vez empregan mais sanitarios, e que incluso os fisioterapeutas tentan acaparar a pesares de que a OMC organización médico colexial considera que carecen de aval científico.

Asemade varias organizacións científicas e asociacións de pacientes enviaron unha carta á ministra de Sanidade na que lle esixen que emprenda “medidas claras” sobre este asunto.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor