Máis de 15.000 toneladas de pneumáticos recollidas por SIGNUS en Galicia convertidos en diferentes usos

Máis de 15.000 toneladas de pneumáticos recollidas por SIGNUS en Galicia convertidos en diferentes usos

Máis de 15.000 toneladas de pneumáticos recollidas por SIGNUS en Galicia convertidos en diferentes usos “SIGNUS Ecovalor, entidade responsable da reciclaxe dos pneumáticos fóra de uso, procedentes do mercado de reposición recolleu en Galicia durante 2015 un total 15.051 toneladas de pneumáticos en 2.179 puntos de xeración, principalmente servizos de pneumáticos e talleres. Por provincias,

Máis de 15.000 toneladas de pneumáticos recollidas por SIGNUS en Galicia convertidos en diferentes usos

“SIGNUS Ecovalor, entidade responsable da reciclaxe dos pneumáticos fóra de uso, procedentes do mercado de reposición recolleu en Galicia durante 2015 un total 15.051 toneladas de pneumáticos en 2.179 puntos de xeración, principalmente servizos de pneumáticos e talleres. Por provincias, retiráronse 5.409 toneladas na Coruña, 2.264 en Lugo, 2.085 en Ourense e 5.293 en Pontevedra. A empresa encargada da recollida na Comunidade foi Sertego, Servizos Ambientais.

En 2015, o destino dos pneumáticos recolleitos na Comunidade foi de 1.643 toneladas para a reutilización, tanto para a venda de ocasión como para a súa recauchutado. As 13.408 toneladas restantes, destináronse a instalacións de transformación para a súa reciclaxe e uso en diferentes aplicacións.

Durante o exercicio, SIGNUS recolleu en toda España 186.285 toneladas de pneumáticos nos 25.371 puntos de xeración que o solicitaron, sen custo para os talleres. A cifra final xestionada de pneumáticos usados, lixeiramente superior á de recollida, alcanzou as 190.038 toneladas, das cales 24.305 toneladas destináronse a preparación para a súa reutilización (ocasión ou recauchutado), 99.103 se granularon, 100 toneladas destináronse a obra civil, 62.878 destináronse ao coproceso para a fabricación de cemento, 2.731 toneladas para a xeración de enerxía eléctrica e 921 toneladas a pirolisis.

SIGNUS continúa traballando na procura de novos mercados e novas aplicacións para o caucho reciclado a través do desenvolvemento de diferentes proxectos en colaboración con empresas privadas, universidades e centros tecnolóxico para así, contribuír ao avance do mercado de materias primas secundarias derivadas dos pneumáticos fóra de uso para conseguir un mundo máis sustentable, no que o concepto de economía circular sexa máis apreciado polo conxunto da sociedade.”

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor