Neo, o primeiro can con acreditación do Camiño
Mari Carmen Astigarraga preséntanos a Neo e cóntanos as dificultades que tivo para facer o Camiño co seu ‘amigo peludo’.
Neo, o primeiro can con acreditación do Camiño
A Asociación Protectora de Animais do Camiño (Apaca), entregoulle o documento que acreditou a Neo que, aínda que non ten un carácter oficial, responde á crecente demanda por parte das persoas con mascotas que deciden compartir con elas esta experiencia.
Mari Carmen Astigarraga pediu ata audiencia co Papa para que Neo e todos os animais que como el fixesen o Camiño, teñan o certificado oficial.
Seguiremos os seus pasos para saber ata onde chegan.
