Notas dos xogadores do Celta na tempada 2025/2026

Facemos unha extensa analise de todos os xogadores nesta tempada inesquecible e puntuamos a cada un de 0 a 10.

  • Iago AspasPosición: Dianteiro. Idade: 38. Xogador emblemático, referencia ofensiva e capitán natural do equipo; a tempada foi de menos a máis e sen dúbida coma sempre que o precisaron el estivo a grande altura. Os anos non pasan de balde e Aspas e un mago que vai perdendo físico, mais segue a facernos desfrutar coa sua maxia. Quen ten maxia non precisa de trucos… NOTA: 8
  • Marcos AlonsoPosición: Defensa. Idade: 35. Lateral/central con experiencia; mais este ano non foi todo o solvente que o celta precisaba, sen dúbida a idade tamén pasa por el é deixa un sabor agridoce nunha tempada que tivo momentos baixos xusto cando mais se lle precisaba. NOTA: 6
  • Matías VecinoPosición: Centrocampista. Idade: 34. Medio con capacidade de contención e chegada; pouco aportou pola lesión nun momento chave da tempada, con actitude innegable e ese plus de competitividade que adoitan ter os Uruguaios, mais sen minutos reais coma para analizar suficientemente ben o seu aporte o equipo. NOTA: 5
  • Iván VillarPosición: Porteiro. Idade: 28. Gardameta do plantel con experiencia en competicións nacionais; apenas xogou e a pesar de ser un dos nosos canteiráns parece xusto que saia cedido o en venda para deixar sitio a outro porteiro que poda facer algo de presion a Radú. NOTA: 4
  • Carl StarfeltPosición: Defensa. Idade: 30. Peza central, forte nos duelos aéreos; sen dúbida mentres xogou foi a parte fundamental do aumento do rendemento do Celta na defensa, a dependencia da sua presenza notouse xusto nun momento chave da tempada que o celta deberá evitar no futuro. NOTA: 10
  • Mihailo RistićPosición: Defensa. Idade: 30. Defensa polivalente; sempre deixou notas de poder dar algo grande que sen dúbida foi o que o levou a fichar polo Benfica e sen dúbida as continuas lesións tamen fixeron que prescindiran del… o Celta debería tomar nota desta fichaxe para non repetir estes erros no futuro. NOTA: 3
  • Franco CerviPosición: Dianteiro. Idade: 31. Extremo/mediapunta con desequilibrio; non quiso sair cedido e iso limita grande parte do bo recordo que puido deixar no pasado, xogador acomodado a non xogar e inda que sexa bo rapaz ocupou un posto que non lle correspondia en base o alto nivel do Celta Fortuna esta tempada. Cando xogou algúns minutos non demostrou absolutamente nada. NOTA: 1
  • Borja IglesiasPosición: Dianteiro. Idade: 33. Referencia no área; unha das mellores tempadas e de seguro unha grnade referencia no vestiario que soamente pode ser eclipsada por Aspas. Quedará sempre nos corazóns celtistas e obtivo o premio de ir o mundial. NOTA: 9
  • Joseph AidooPosición: Defensa. Idade: 30. Central físico e contundente; por desgraza pepiño non se recuperou da sua lesión e a sua despedida de Vigo non vai ser coma merecería o xogador nin a afeción que tanto amor lle tivo. Unha autentica magoa e con unha responsabilidade en momentos chave que non puido asumir. NOTA: 4
  • Ionuț RaduPosición: Porteiro. Idade: 28. Gardameta con experiencia internacional; dos mais regulares da tempada e sen dúbida un referente para os compañeiros e canteiráns, parece ter atopado o seu lugar e parece consciente de iso. NOTA: 10
  • Marc VidalPosición: Porteiro. Idade: 26. Porteiro de recambio con proxección; non quiso sair nin en venda nin cedido e iso e todo o que podemos dicir. NOTA: –
  • Óscar MinguezaPosición: Defensa. Idade: 27. Lateral/central polivalente; xogador que nesta tempada non tivo a cabeza no celta, claramente isto afectou o seu rendemento con erros moi graves en momentos puntuais e con pequenos deslumbramentos de calidade que fai que pareza un doce apetecible para grandes clubes nons que probablemente nunca sexa capaz de deslumbrar a ninguén. O Celta levouno a selección e non parece que iso volte suceder no futuro. Parece un bo rapaz, que xa tocou teito e esta en caída. NOTA: 6
  • Ferran JutglàPosición: Dianteiro. Idade: 27. Dianteiro con mobilidade e gol; parte do problema do Celta no inico de tempada e sen dúbida exemplo para os rapaces de como unha mala xestión emocional pode apagar unha carreira. Por sorte na segunda parte da tempada rexurdiu e aportou en momentos chave así que agardamos que a seguinte tempada ese sexa o seu rexistro. NOTA: 7
  • Ilaix MoribaPosición: Centrocampista. Idade: 23. Medio con físico e chegada; o grande pulmón que por momentos lembrou a Makelele en Balaidos, por desgraza deu un baixón xusto nun momento chave da Europa League sen Miguel Román e o demais xa foi literatura de terror. Fixo unha grande campaña cun pequeno baixón entendible. NOTA: 9
  • Sergio CarreiraPosición: Defensa. Idade: 25. Lateral con proxección ofensiva; sempre o fixo ben, por momentos foi do mellor do equipo sen dúbida e afianzou a sua posición no 11 inicial o punto de ser indispensable nun equipo onde sempre sorprende o 11 inicial. NOTA: 10
  • Bryan Zaragoza – Posición: Centrocampista. Idade: 24. Extremo de corte ofensivo. Tan novo e xa conta con un historial de fracasos entre os cales o Celta e unha das súas vítimas. A pesares de toda a esperanza que todos puseron en el, incluído Giraldez foi tan esteril coma aqueles que agardan a que Giraldez un día de unha rolda de prensa en galego. O celtismo sentiuse enganado tamen coa sua partida a un clube “grande” que nunca contou con el… NOTA: 3
  • Hugo GonzálezPosición: Dianteiro. Idade: 23. Delantero en desenvolvemento; un dos grandes do Celta Fortuna que non contou con minutos dabondo no primeiro equipo coma para por unha puntuación. NOTA: –
  • Javier RuedaPosición: Defensa. Idade: 24. Defensa en crecemento; por datos de minutos xogados e goles e asistencias (sen incluir tarxetas provocadas e faltas) sen dúbida e unha das grandes revelacións da liga. Pasou por un momento mais frouxo por mor dunha lesión, pero sen dubida un dos mellores do equipo. NOTA: 9
  • Carlos DomínguezPosición: Defensa. Idade: 25. Central con proxección e presenza física; xusto o que o Celta está a procurar para o ano que ven porque este ano Carlos Dominguez non aportou nada. Unha saída cedido podería ser a mellor opción se na pretempada non se sube o carrod e competir e sigue acomodado na suplencia. NOTA: 2
  • Hugo SoteloPosición: Centrocampista. Idade: 22. Xove talento con chegada; unha tempada con minutos sificientes para ter demostrado mais, acorde as expectativas que se teñen con el. Se cadra foi un erro que non saira cedido el e non Damian. Ten que seguir medrando e dar un paso a fronte. NOTA: 6
  • Williot SwedbergPosición: Centrocampista. Idade: 22. Medio ofensivo con visión; o seu rendemento por momentos non foi o da tempada anterior, pero contou con minutos dabondo para mostrar a sua calidade. Un xogador atípico que parece estar a gusto en Vigo e iso pode ser o que o reteña unha tempadas mais. Boa tempada coa sensación de que pode dar moito mais inda. NOTA: 8
  • Hugo ÁlvarezPosición: Centrocampista. Idade: 22. Medio con rapidez e regate; non sería xusto para el que Bryan Zaragoza lle fixera sombra, agas a lesión; unha vez que recuperou o físico voltou ser mordaz no ataque e na loita. Sacrificado nos partidos en defensa demostrou ter perigo na área sen cair en regates estériles coma Bryan. NOTA: 7
  • Jones El‑AbdellaouiPosición: Centrocampista. Idade: 20. Promesa do medio campo; remata a tempada coa sensación de que puido ter mais minutos na tempada en partidos coma o recente partido contra o Atleti; onde tentamos sair a contra con Aspas. Un xogadro en formación que se gañou mais minutos dos que se cadra tivo. NOTA: 7
  • Damián RodríguezPosición: Centrocampista. Idade: 23. Medio con calidade técnica; contou con poucos minutos; pero sempre o fixo ben. Saiu cedido o Santander e fixose titular indiscutible no lider de 2ª. Voltará?  NOTA: 8
  • Pablo DuránPosición: Dianteiro. Idade: 24. Delantero en desenvolvemento; ten mais gol do que tivo este ano. Tocoulle unha lesión de hombro recurrente que lle limitou parte da tempada e sen dúbida pode dar moito mais, se ben os goles son as veces un estado de ánimo case… NOTA: 7
  • Miguel RománPosición: Centrocampista. Idade: 23. Medio de gran calidade; sen dúbida foi o grande recurso dun celta que dependeu de el. De non ter fracturado o 5º metatarsiano que  tería sido de este Celta? inda que son prediccións imposibles a dinámica podería ter sido de 5º posto na liga e quen sabe se chegaríamos mais lonxe na Europe League. Ilaix Moriba perdeu grande parte do seu rendemento sen el; ambos foron a parella perfecta a que Giraldez mostrou fidelidade inusitada. Nunha selección española chea de calidade no centro do campo Miguel non desentonaría. NOTA: 10
  • Álvaro NúñezPosición: Defensa. Idade: 25. Defensa con experiencia; pouco xogou dende a sua chegada pero aportou calidade. Un bo proxecto para a seguinte tempada. NOTA: 6
  • Fran BeltránPosición: Centrocampista. Idade: 27. Medio centro con experiencia; non foi o seu ano xa que Ilaix e Miguel Román o eclipsaron e a aposta por Hugo Sotelo fixo que non tivera máis minutos que  se cadra merecía. Sempre foi un bo profesional e sempre rendiu polo seu desgaste físico, sen dúbida o celta precisaba xa de outro perfil. NOTA: 5
  • Javier Rodríguez GalianoPosición: Defensa. Idade: 22. Defensa en progresión; un dos insustituibles e practicamente carente de erros. Un dos puntais do celta con soamente 22 anos. Vai facer a previa do mundial coa selección española coma premio a unah tempada moi solvente. NOTA: 9
  • Yoel LagoPosición: Defensa. Idade: 22. Defensa do filial; non quiso sair cedido e finalmente foi indispensable. Defensa agresivo que  aporta caracter na zaga, suscitou criticas por erros chave condo  o equipo estaba a deriva, pero recompuxo a sua participación con actuacións moi dignas dun central que non é Starfelt, pero tampouco e  Carlos Dominguez; xogador moi novo e impulsivo con un plus de competitividade que xa queiseran outros. Pode liderar o centro da defensa sen ser o mellor, simplemente polo seu sangue quente. NOTA: 7
  • Fernando LópezPosición: Dianteiro. Idade: 22. Dianteiro ou media punta con proxección; viu de volta para aportar e conseguiuno. Unha boa participación en minutos e calidade que sen dúbida fan apostar por el a o clube. NOTA: 8
  • Óscar MarcosPosición: Centrocampista. Idade: 20. Medio novo con futuro; poucos minutos de un canteiran que sera chave no futuro, sen minutos suficientes para emitir unha valoración obxectiva. NOTA: –
  • Manu FernándezPosición: Defensa. Idade: 25. Defensa con experiencia; non participou moito e a sua continuidade parece cuestionable na tempada vindeira. NOTA: 5
  • Ángel ArcosPosición: Dianteiro. Idade: 20. Promesa ofensiva; poucos minutos de un canteiran que sera chave no futuro, sen minutos suficientes para emitir unha valoración obxectiva. NOTA: –
  • Andrés AntañónPosición: Centrocampista. Idade: 19. Xove talento do medio campo; poucos minutos de un canteiran que sera chave no futuro, sen minutos suficientes para emitir unha valoración obxectiva. NOTA: –

Claudio Giraldez – Adestrador: Sen dúbida e un dos adestradores revelación en La Liga; a aposta pola canteira e chave no proxecto actual e el e unha peza chave nesta engranaxe. NOTA: 8

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta