O 061 de Galicia atendeu a 85 persoas durante a noite de San Xoán

O 061 de Galicia atendeu a 85 persoas durante a noite de San Xoán

O 061 de Galicia atendeu a 85 persoas durante a noite de San Xoán por intoxicacións, queimaduras e accidentes de tráfico As intoxicacións, con 55 persoas atendidas, destacaron sobre os accidentes de tráfico e as queimaduras O 061 asistiu a maiores a 39 incidencias por: alteracións da consciencia, caídas e mareos e lesións producidas no

O 061 de Galicia atendeu a 85 persoas durante a noite de San Xoán por intoxicacións, queimaduras e accidentes de tráfico

As intoxicacións, con 55 persoas atendidas, destacaron sobre os accidentes de tráfico e as queimaduras

O 061 asistiu a maiores a 39 incidencias por: alteracións da consciencia, caídas e mareos e lesións producidas no entorno das cacharelas

Santiago de Compostela

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na Noite de San Xoán 55 intoxicacións, 10 accidentes de tráfico con 21 persoas implicadas e 9 queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado é desde as 18.00 horas do sábado 23 de xuño ata as 9.00 horas do domingo 24 de xuño. O 061 rexistrou a maiores a 27 incidencias por: alteracións da consciencia, caídas e mareos e lesións producidas no entorno das cacharelas.
Os profesionais sanitarios do 061 de Galicia atenderon 55 intoxicacións etílicas, 10 accidentes de tráfico con 22 persoas implicadas e 9 incidentes por queimaduras.

Accidentes de Tráfico
Intoxicacións
Queimaduras
A Coruña
6
22
5
Pontevedra
1
22
3
Lugo
2
9
1
Ourense
1
2
0
Total
10
55
9

A Coruña e Pontevedra con 22 intoxicacións etílicas ou por drogas foron as provincias que rexistraron o maior número de atencións, seguidas de Lugo con 9 e Ourense con 2. Para asistir ás 55 intoxicacións, o 061 de Galicia desprazou unha ambulancia medicalizada, un médico de atención primaria, 38 ambulancias asistenciais e cinco ambulancias de apoio. Das 55 persoas atendidas, 22 non requiriron traslado, 12 foron trasladadas ao centro de saúde e 21 ao hospital.
As queimaduras atendidas polo 061 en toda a comunidade galega foron 9. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu na Coruña cinco casos, tres en Pontevedra e un en Lugo. As idades das persoas afectadas sitúanse entre 4 e 54 anos, sendo sete varóns e unha muller. Do total dos pacientes, tres asistíronse no lugar sen requirir traslado e seis se trasladaron a un centro sanitario.
No caso dos accidentes de tráfico, asistíronse 21 persoas en 10 accidentes de tráfico das cales unha faleceu. Os accidentes repartíronse da seguinte maneira: seis na provincia da Coruña, dous na provincia de Lugo e un nas restantes provincias. Para asistir ás 21 persoas implicadas, o 061 mobilizou nunha ocasión un helicóptero medicalizado, dez ambulancias asistenciais, dúas ambulancias de apoio e dous médicos de atención primaria. Do total de persoas atendidas, 20 foron trasladas a un hospital e unha faleceu no punto.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor