O 60% dos tratamentos médicos carecen de evidencia científica Anxo Machado | Xornal Galego Hai xa varios anos o British Medical Journal -revista médica semanal da Asociación Médica Británica- decidiu pescudar a eficacia real dos tratamentos médicos da medicina denominada alopática (oficial, convencional) pondo en marcha unha iniciativa denominada “Clinical Evidence” a fin de respostar
O 60% dos tratamentos médicos carecen de evidencia científica
Anxo Machado | Xornal Galego
Hai xa varios anos o British Medical Journal -revista médica semanal da Asociación Médica Británica- decidiu pescudar a eficacia real dos tratamentos médicos da medicina denominada alopática (oficial, convencional) pondo en marcha unha iniciativa denominada “Clinical Evidence” a fin de respostar basicamente a tres cuestions: cantos dos tratamentos comunmente utilizados pola denominada medicina alopática se apóian en evidencias científicas de peso, cantos non deberían utilizarse ou facelo só con moita precaución e cales son as principais lagoas do coñecemento médico.
E para respostar a esas preguntas analizaron un a un os 2.500 principais tratamentos médicos convencionais, estudo que posteriormente se ampliaría até os 3.000. O resultado foi ben duro coa medicina alopática:
“Que só o 11% son claramente beneficiosos, o 24% poden ser “algo” beneficiosos, o 7% están entre beneficiosos e daniños, o 5% é pouco probable que sexan beneficiosos e o 3% que poden ser ineficaces e/ou daniños. Do outro 50% non se sabe absolutamente nada, e dicir que se descoñece en absoluto se son de algún tipo de utilidade. Con estes datos parece que o plan de sanidade de loitar contra as pseudoterapias (terapias sen evidencia científica) vai dar un xiro total na práctica médica diaria. Unha campaña a das pseudoterapias que comezou coma unha autentica caza de bruxas inquisitorial e que agora se lles pode voltar na sua contra.
Cabe subliñar que a tan demonizada homeopatia e tamen a acupuntura teñen un aval de moitos anos, nacións enteiras coma Suiza, Francia, Alemaña, Reino Unido e apoios de un premio nobel coma Luc Montagnier, mentres que o 60 por cento das terapias da suposta medicina científica carecen de unha simple explicación…
Destacamos tamen que os tratamentos médicos constitúen a terceira causa directa de enfermidade e morte en Estados Unidos. Se cadra este si e un problema grave que os ministerios deberían coidar…
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.