O portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou nunha rolda de prensa celebrada no Parlamento de Galicia, que viu “moi preocupados” aos ‘populares’ coa súa xestión sanitaria e apuntou que na comisión de investigación falarase de Vigo”, en referencia o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Leiceaga criticou que a área de Vigo “representa os peores números” da comunidade e vinculou estes resultados con “o experimento do Sergas de construír un hospital público por medio dunha iniciativa privada”, aludindo ao Cunqueiro.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta