A Sala do Contencioso-administrativo decidiu nunha axustada partida de tute cabrón sentar xurisprudencia que estivera ausente durante todo este tempo.
Laura Garrido | Sección Chouchadas | Humor
Os xuíces estiveron xogando durante dous días e finalmente gañou o SI.
28 maxistrados xogando po tute cabrón decidiron finalmente que os usuarios de hipotecas que teñan conta de facebook deberán pagar un imposto de 500€ por cada mes que tiveran activa a sua conta de Facebook.
“A moita xente esta medida vaille parecer surrealista, pero a realidade sempre supera a ficción” vaticinou Marc Zukerbeck o fillo de Edelmira do Cañoto dende a sede da asociación amighos do tute cabrón en Fornelos de Montes.
Seguiremos embrullando!
