Os humanos perderon as espiñas do pene que inda teñen certos primates

Os humanos perderon as espiñas do pene que inda teñen certos primates

Os humanos perderon as espiñas do pene que inda teñen certos primates A maioría dos mamíferos macho, incluído o chimpancé, teñen o pene cuberto de espiñas de queratina, similares ás uñas. Esta característica desapareceu no home cun pequeno anaco de ADN. A maioría dos mamíferos macho teñen o pene cuberto de espiñas de queratina, similares

Os humanos perderon as espiñas do pene que inda teñen certos primates

A maioría dos mamíferos macho, incluído o chimpancé, teñen o pene cuberto de espiñas de queratina, similares ás uñas. Esta característica desapareceu no home cun pequeno anaco de ADN.

A maioría dos mamíferos macho teñen o pene cuberto de espiñas de queratina, similares ás uñas, que utilizan para refugar o esperma doutros competidores e propiciar a ovulación.

Un estudo realizado polas universidades de Standford e Pensilvania, en Estados Unidos, revelou en 2011 que esta característica desapareceu no home cun fragmento de ADN que se eliminou durante a nosa evolución.

Para chegar a esta conclusión, os investigadores, partiron da hipótese de que, en lugar de que o ADN humano teña vantaxes sobre o do chimpancé, “nalgún momento da evolución perdemos algunhas cadeas de información xenética”.

Así atoparon 510 seccións de código perdido é elixiron as rexións de ADN relacionadas con hormonas masculinas, e descubriron que eran responsables da perda dos bigotes sensoriais e das espiñas do pene, así como do crecemento do cerebro.

As espiñas do pene son comúns noutros animais, incluíndo a chimpancés, macacos e ratos.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor