Os veterinarios, contra o intrusismo profesional en fisioterapia veterinaria

Os veterinarios, contra o intrusismo profesional en fisioterapia veterinaria

Os veterinarios poñense en pé de guerra contra o intrusismo en fisioterapia veterinaria Laura Garrido | Xornal Galego O Goberno de España ven de recoñecer estes días que a fisioterapia aplicada para animais é unha competencia profesional que abrange en exclusiva os veterinarios. Ante os requerimentos do goberno logrouse que as universidades españolas, nas cales

Os veterinarios poñense en pé de guerra contra o intrusismo en fisioterapia veterinaria

Laura Garrido | Xornal Galego

O Goberno de España ven de recoñecer estes días que a fisioterapia aplicada para animais é unha competencia profesional que abrange en exclusiva os veterinarios. Ante os requerimentos do goberno logrouse que as universidades españolas, nas cales que se impartían cursos e masters de fisioterapia ou fisiatría con animais e nos que se permitía o acceso a os fisioterapeutas, así como referencias feitas por universidades de fisioterapia on de se facía unha suposta atribución de competencias para desenrolar á fisioterapia en animais. Neste último caso facendo alusión a esas competencias nas informacións relacionadas co Grao en Fisioterapia de universidades que imparten dito grao.

Segundo informa o Colexio de Veterinarios de Alacante, entidade colexial que leva mais de tres anos denunciando dita situación, os resultados son parciais xa que non todas as universidades instadas accederon a tal requerimento por parte de educación.

O goberno español mediante o Ministerio de Educación, actuou contra os cursos impartidos por universidades e centros onde os graduados en Fisioterapia podían formarse para aprender a realizar terapias con animais, mais isto considerase un acto de intrusismo xa que, a fisioterapia en veterinaria é unha competencia única e exclusiva dos veterinarios.

O problema, como sinala o presidente do Colexio de Veterinarios de Alacante, Gonzalo Moreno do Val, xorde en 2015, cando por mor dun caso individual de intrusismo neste ámbito, os veterinarios descobren que había unha oferta formativa sistemática en universidades sobre fisioterapia para animais que estaban dirixidos a fisioterapeutas.

Non só cursos, senón que en moitos Graos en Fisioterapia entre o seu plan de estudos, como xa fixeran anteriormente coa osteopatía; xerando moita controversia incluían como saída profesional á fisioterapia en animais. Foi o Consello Xeral de Colexios Veterinarios o que actuou logrando segundo indica o propio colexio de veterinarios de Alacante resultados parciais.

A través do secretario xeral de Universidades, Jorge Sáinz González, remitiuse un escrito ao Consello Xeral no que dá a razón aos veterinarios. Neste escrito recoñecese que a competencia profesional para realizar tratamentos de fisioterapia en animais teñena única e exclusivamente os prefesionais veterinarios, e no devandito escrito pide aos centros educativos publicos e privados que aínda ofertan a día de hoxe este tipo de cursos que os retiren.

O problema é que actualmente son institucións públicas as que están a ofrecer esta formación, o que fomenta que haxa profesionais actuando na ilegalidade, sinala o secretario xeral de Universidades, Jorge Sáinz González.

O Colexio de veterinarios de Alacante indica que aínda hai universidades públicas como o é a de Murcia que, na información da súa web referida ao Grao en Fisioterapia, di que estes estudos teñen como saída profesional, a fisioterapia veterinaria. Mentres que a Universidade Autónoma de Barcelona aínda mantén o título propio de Máster en Fisioterapia Equina.

Autor

1 comment
Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

1 Comment

Autor