Sanidade subliña a vixencia dos servizos mínimos na folgo do 061

Sanidade subliña a vixencia dos servizos mínimos na folgo do 061

Sanidade subliña a vixencia do 100% dos servizos mínimos durante a folga do persoal do servizo de operación telefónica na central de coordinación do 061 de Galicia ​A Consellería de Sanidade subliña a vixencia do 100% dos servizos mínimos na folga do persoal, do servizo de operación telefónica, da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Sanidade subliña a vixencia do 100% dos servizos mínimos durante a folga do persoal do servizo de operación telefónica na central de coordinación do 061 de Galicia

​A Consellería de Sanidade subliña a vixencia do 100% dos servizos mínimos na folga do persoal, do servizo de operación telefónica, da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tal como establece a resolución administrativa dirixida ao comité de folga, e comunicada a primeira hora de hoxe, a vixente orde da Consellería de Sanidade establece que cómpre manter, en todo caso, o 100% das presenzas habituais como servizos mínimos na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Polo tanto, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 fai un chamamento á responsabilidade do persoal de operación telefónica do Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servizos SL  no desempeño do seu traballo durante os paros convocados nas próximas datas.
Cómpre lembrar que, o día 3 de setembro,  a Consellería de Sanidade, recibiu a notificación de convocatoria de folga dirixida ao persoal xestor telefónico da empresa Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servizos SL da Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Dita comunicación referíase ao día de hoxe, o 10 de setembro, o sábado 15, o luns 17 e o sábado 22 de setembro; de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas.
Apreciándose que as datas e tramos horarios afectados son os mesmos cos da anterior folga, de carácter indefinido, pola organización sindical CIG e que a Consellería de Sanidade publicou no DOG do 3 de agosto a orde de servizos mínimos do 100% para os servizos esenciais, non se realizou ningunha tramitación adicional. Ademais, a administración sanitaria non tivo constancia ata o día 8 de setembro da desconvocatoria oficial da nova folga que comeza hoxe.
Así, con independencia da valoración da publicación dunha nova orde de servizos mínimos no DOG, cómpre  lembrar que, polas características do servizo dispensado, resulta imprescindible a prestación de servizos do 100% do persoal habitual nos tramos horarios afectados pola folga. Isto é debido a que a carga de traballo dimensiónase para dar cobertura ás necesidades estimadas en materia de urxencia e emerxencia sanitaria. Estas necesidades en ningún caso poden estar desasistidas, posto que poderían producir graves prexuízos á cidadanía.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor