Toni Canto o cal viu recentemente a declarar tamén que o castelán desaparecera de Galicia, ten sen dúbida un ollo crítico capaz de analizar de xeito obxectivo todo tipo de problemáticas.

Laura Garrido para a Sección Chouchadas | Xornal Galego

27/09/2018

O docente Toni Cantó dixo que para solventar este deficit eucaliptal en Galicia, el propón vir directamente cos seus alumnos e facer unha plantación na “Cidade da Cultura”. Tamen se interesou polos centos de koalas que teñen morto por mor da imposición do galego en Galicia o quedar sen sustento. Comparou estas mortes por inanición de eucaliptos con a alemaña nazi.

Varias fontes consultadas na sala de espera do hospital Álvaro Cunqueiro tamen exisen unha solución, así pois Carmiña dos píos aseverou a este xornal “Antes iamos o regho a coller alcolitros pra facer uns vapores, aghora tes que andar polo menos 5 días pra atopar un alcolitro”.

Laureana de meda quiso tamen deixar o seu testemuño “a min valeme a vida o meu neto que estudia en Ponferrada e cando ven traeme unhas follas de alcolitro de estraperlo aghochadas no medio dos libros”

Seguiremos embrullando sobre a apocalipsis dos eucaliptos en Galicia.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta