O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recoñece por primeira vez o dereito das traballadoras a gozar do permiso para asistir ás técnicas de preparación ao parto.

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou, por primeira vez, o dereito das traballadoras a gozar de permisos recíprocos para colaborar nas técnicas de preparación ao parto. Deste xeito, o alto tribunal galego aprobou unha sentenza do Xulgado do Social nº 4 de Vigo na que se da a razón a un demandante deste dereito, representante legal do persoal dunha empresa.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta