Un dispositivo predí as crises de epilepsia

Un dispositivo predí as crises de epilepsia

As persoas con epilepsia poderán saber con marxe de tempo cando van sufrir a próxima crise. Isto é posible grazas a un dispositivo desenvolvido por científicos españois que permite rexistrar e monitorizar a actividade do cerebro a través da canle auditivo. Tras analizar os impulsos e previr o risco de crise, envía os resultados ao

As persoas con epilepsia poderán saber con marxe de tempo cando van sufrir a próxima crise. Isto é posible grazas a un dispositivo desenvolvido por científicos españois que permite rexistrar e monitorizar a actividade do cerebro a través da canle auditivo. Tras analizar os impulsos e previr o risco de crise, envía os resultados ao paciente a través dunha aplicación do seu teléfono móbil.

Si o risco de crise é baixo a aplicación mostra unha cor verde, indicando que esta persoa pode seguir coa súa vida normal e realizar calquera actividade. Pola contra, si a cor é amarelo significa que hai risco de crise, polo que deberá tomar precaucións. E, para rematar, si a cor pasa a ser vermello, significa que hai moitas probabilidades de que nos seguintes minutos sufra un novo ataque.

Neste último caso, ademais, a aplicación envía automáticamente unha mensaxe aos familiares cuxos datos foron previamente introducidos na base de datos, indicando que ese familiar pode sufrir de forma inminente unha crise de epilepsia.

O dispositivo xa superou con éxito distintos ensaios e está á espera de que se probe en contornas reais. Si funciona correctamente, está previsto que poida comercializarse o próximo ano.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor