Un Xacobeo Galicia moi motivado partiu para a Volta a Mallorca

[ 05/02/2009 ] Unha expedición do Xacobeo Galicia, composta por nove ciclistas, o director deportivo, José Ángel Vidal, e o médico, Xoán M. R. Bastida, partiu estas mañá para a Volta a Mallorca, proba coa que o equipo ciclista profesional galego inicia a súa terceira tempada no pelotón internacional. Os demais integrantes do corpo técnico

[ 05/02/2009 ] Unha expedición do Xacobeo Galicia, composta por nove ciclistas, o director deportivo, José Ángel Vidal, e o médico, Xoán M. R. Bastida, partiu estas mañá para a Volta a Mallorca, proba coa que o equipo ciclista profesional galego inicia a súa terceira tempada no pelotón internacional. Os demais integrantes do corpo técnico desprazaron toda a infraestrutura por estrada ata Valencia e finalmente en barco ata Palma. Álvaro Pino incorporarase o venres.

Foto do grupo
Foto do grupo

Vidal, Bastida, Isaychev e Delio
Vidal, Bastida, Isaychev e Delio

Os nove corredores que se desprazaron desde o aeroporto de Vigo son: Gustavo Domínguez, Iván Raña, Eduard Vorganov, Juan F. Mourón, Alejandro Paleo, Delio Fernández, Vladimir Isaychev, Pedro Fernández e Héctor Espasandín; aos que se unirían en Madrid Iban Mayoz e Marcos García.

Gustavo Domínguez: “A soleira dos anos permite sacar máis beneficio ao esforzo”
O equipo que se despraza a Mallorca está constituído por unha mestura de experiencia e mocidade. Entre os primeiros, polo sete anos que leva xa en profesionais, podemos contar a Gustavo Domínguez. O porriñés será, ademais, unha das referencias do equipo na carreira insular, aínda que o quere ser cauto: “En principio estou ben, ou esas foron as sensacións na concentración e nos adestramentos posteriores, pero haberá que ver como está os rivais. Tampouco foi a propósito, porque o ano pasado traballei posiblemente tanto como este durante o inverno pero non logrei estas sensacións. Ademais, gústame o percorrido nervioso da carreira, que esixirá estar atento a entrar todos os días no grupo dianteiro, e logo nos metros finais tratarei de buscar unha posición o máis avanzada posible para poder acabar diante na xeral”, sinalou.

Profesional desde 2002 e empezando seu terceira tempada no Xacobeo Galicia, non é como para poñerse nervioso porque o sinalen como unha das cabezas visibles do equipo en Mallorca. “Iso non me pon nervioso. Sei que a miña misión é axudar ao equipo nas carreiras máis importantes da tempada e tratar de buscar algún éxito nas pequenas. Por outra parte, empezo ilusionado a tempada, pero creo que co tempo se colle máis `soleira` e iso permíteche sacar máis beneficio ao traballo que realizas”, engadiu finalmente.

Iván Raña: “Teño a intranquilidade de enfrontarme a algo que non domino”
Iván Raña, ex campión do mundo de tríatlon, está con ganas de iniciar a súa particular aventura ciclista, despois dunha pretempada con sensacións contrapostas nalgúns momentos: “Nervios non pode dicirse que sexa o que teño nestes momentos, porque ao longo da miña carreira deportiva enfronteime a momentos de moita tensión, nos que me estaba xogando moito. Na Volta a Mallorca será distinto. Pódese dicir que teño a intranquilidade de enfrontarme a algo que non domino, pero, en principio, a formulación nesta primeira carreira será intentar acabar as etapas que dispute e tomar nota das sensacións que vaia tendo”.

Pedro Fernández: “Poder correr no equipo da casa e con amigos é unha sorte”
Pedro Fernández, tras sete anos no ciclismo portugués, atopa a súa oportunidade nun pelotón máis internacional: “Estou ilusionado e sen nervios. Chego ao Xacobeo Galicia para facer un labor de equipo, pero en Mallorca quero intentar estar o máis adiante posible. En principio está previsto que corra os cinco días de Mallorca, para continuar con Andalucía e Murcia. Creo que acadei un bo nivel na pretempada e hai que aproveitalo”.

Para o ciclista vigués os cambios chegaron xa no inverno. “Non estaba habituado a traballar tan forte. Gustáronme os adestramentos en grupo porque iso sempre fai que te esixas un pouco máis e podo dicirche que nunca saíra a adestrar cinco días seguidos con chuvia como fixen este ano. Vou ver o que dou. Na concentración atopeime ben, a pesar de que nos adestramentos nunca son capaz de sufrir tanto como en competición. Despois de varios anos no ciclismo portugués, botas de menos algúns compañeiros, pero neste caso a mudanza foi para mellor: iso de poder correr no equipo de casa e con compañeiros que son, en xeral, amigos, é unha sorte”.

Juan Mourón: “Pretendo axudar ao equipo e buscar protagonismo nalgunha etapa”
Juan Mourón, terceiro ano no equipo pero primeira participación na Volta a Mallorca. “O primeiro ano estiven lesionado e o pasado empecei en Malaisia, por iso que esta carreira para min é unha novidade. Persoalmente, me expoño unha tempada mellor que a última. Pretendo axudar ao equipo en todo o que poida e ter protagonismo nalgunha etapa”.

Alejandro Paleo: “Teño mellores sensacións agora que en todo o ano pasado”
Alejandro Paleo, aborda a súa segunda tempada como profesional, e acode a Mallorca con moitas ganas. “As sensacións que teño son moi boas, moito mellores das que tiven o ano pasado non só no inicio de tempada senón en toda a tempada. Á Volta a Mallorca vou con moitas ganas, digamos que coa intención de estar no grupo de diante, pero xa veremos. Eu quero dar un salto no meu rendemento, e o propio Álvaro Pino díxome que me vai esixir un pouco máis este ano”.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor