UPTA Galicia avisa do novo prazo de comunicación aberto para os trades galegos

UPTA Galicia inicia unha campaña informativa para os transportistas e axentes de seguros con motivo do novo prazo de comunicación para os traballadores autónomos economicamente dependentes (trades) aberto pola nova Lei do contrato de transporte terrestre de mercadorías. Para iso, UPTA Galicia elaborou un tríptico explicativo onde se detalla quen pode ser trade do transporte

UPTA Galicia inicia unha campaña informativa para os transportistas e axentes de seguros con motivo do novo prazo de comunicación para os traballadores autónomos economicamente dependentes (trades) aberto pola nova Lei do contrato de transporte terrestre de mercadorías. Para iso, UPTA Galicia elaborou un tríptico explicativo onde se detalla quen pode ser trade do transporte e de seguros, o novo prazo aberto que abarcará do 12 de febrero al 5 de marzo del 2010 e onde UPTA Galicia ofrece os seus servizos de asesoramento para que os trades galegos comuniquen a súa condición ao seu cliente principal, adapten os seus contratos e rexístrenos no Servizo Público de Emprego.

As maiores garantías que carrexa adaptar, comunicar e rexistrar o contrato dun trade é o que levou a UPTA Galicia a colocar estes trípticos explicativos en todas as súas sedes, repartidas polo catro provincias galegas, e a ofrecer a calquera que queira informarse inmediatamente da súa situación o teléfono 902 922 300 a través do que lle atenderá o equipo técnico de UPTA Galicia indicándolle os prazos de comunicación e adaptación e os trámites e documentación que deberá achegar para rexistrar o seu contrato de trade.

Con esta iniciativa, UPTA Galicia completa consecuentemente o seu traballo no recoñecemento desta categoría de traballadores autónomos que foron contemplados legalmente a través do tan loitado Estatuto do traballo autónomo desde UPTA e que foi desenvolvido recentemente polo Real Decreto 197/2009.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2010

Normativa relacionada cos Trades:

Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

Disposición final cuarta da Lei do contrato de transporte terrestre de mercadorías. Modificación da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo.autónomo.

Real Decreto 197/2009, de 23 de febreiro, polo que se desenvolve o Estatuto do Traballo Autónomo en materia de contrato do traballador autónomo economicamente dependente e o seu rexistro e créase o Rexistro Estatal de asociacións profesionais de traballadores autónomos.

Corrección de erros do Real Decreto 197/2009.

Resolución de 18 de marzo de 2009, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para o rexistro dos contratos dos traballadores autónomos economicamente dependentes.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor