UPTA Galicia participa activamente no I Congreso Internacional de PRL

UPTA Galicia participa activamente no I Congreso Internacional de PRL

UPTA Galicia participa activamente no I Congreso Internacional de PRL e Responsabilidade Social e Empresarial na Peme, organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo O Conselleiro de Traballo D. Ricardo Varela, Dona Pilar Cancela, Directora Xeral de Relacións Laborais, D. José Vázquez Portomeñe, Secretario Xeral de Traballo e María Coutinho, Subdirectora

UPTA Galicia participa activamente no I Congreso Internacional de PRL e Responsabilidade Social e Empresarial na Peme, organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo

O Conselleiro de Traballo D. Ricardo Varela, Dona Pilar Cancela, Directora Xeral de Relacións Laborais, D. José Vázquez Portomeñe, Secretario Xeral de Traballo e María Coutinho, Subdirectora Xeral de Traballo achegábanse onte ao stand de UPTA Galicia no contexto do I Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais e Responsabilidade Social e Empresarial na Peme, no que a nosa organización tivo unha participación activa. Durante esta visita o Secretario de Organización e Administración de UPTA Galicia, Lisardo Domínguez facía entrega a estas autoridades do “Estudo sobre as condicións de traballo e a prevención de riscos laborais no sector do comercio-comerciante polo miúdo en Galicia”, así como do despegable sobre prevención de riscos laborais, materiais levados a cabo por UPTA Galicia mediante accións subvencionadas integramente pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais.
É unha realidade coñecida no mundo da prevención que as taxas de sinestralidade laboral están moi por riba do desexable e do comparable con outras sociedades. A responsabilidade administrativa, empresarial e social é por isto a mellor resposta para avanzar cara un panorama onde a imaxe empresarial sexa reflexo do benestar laboral. Desde o I Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais, que se celebrou recentemente no Pazo de Congresos de Santiago, o noso Conselleiro de Traballo, D. Ricardo Varela, manifestaba así a súa preocupación por asentar unha cultura de prevención, que protexa a todos os traballadores, autónomos ou non de Galicia:
“É intención política deste governo seguir situando ao ser humano como eixo e centro da realidade laboral e pasar así da simple preocupación á ocupación e da escasa mellora ao pleno benestar. A UE ten asumido o compromiso de acadar unha redución do 25% dos accidentes laborais que acaecen e a Xunta de Galicia apoia plenamente este compromiso para levalo a cabo no próximo exercizo. O respecto aos dereitos humanos e laborais dos nosos traballadores é fundamental”.

RESPONSABILIDADE ADMINISTRATIVA
Dona Pilar Cancela, Directora Xeral de Relacións Laborais, amosábase orgullosa da celebración deste Congreso “que busca dar a entender a importancia que dá a Xunta á protección do capital humano en Galicia”. “Este é o I Congreso que conxuga de maneira tan íntima os termos de responsabilidade e prevención”, dicía a nosa Directora Xeral. “E penso que incluso a crise que vivimos pode xestionarse de maneira responsable non sendo este termo , o da responsabilidade, un elemento de márketing ou de campaña publicitaria por parte da Xunta. Tanto é así que a Administración debe predicar co exemplo”, engadía.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor