11.527 delitos contra a saúde pública en 2017

11.527 delitos contra a saúde pública en 2017

Segundo o INE Instituto Nacional de Estatística no informe estatístico de condenados en España en 2017. Os delitos contra a saúde pública ocupan o noveno lugar, sendo en total de 11.527. Durante ese ano, en total, foron inscritas no Rexistro Central de Penados 285.336 persoas condenadas adultas segundo as sentenzas firmes ditadas. O número de

Segundo o INE Instituto Nacional de Estatística no informe estatístico de condenados en España en 2017. Os delitos contra a saúde pública ocupan o noveno lugar, sendo en total de 11.527.

Durante ese ano, en total, foron inscritas no Rexistro Central de Penados 285.336 persoas condenadas adultas segundo as sentenzas firmes ditadas. O número de homes inscritos aumentou un 3% e o de mulleres un 14%.

En 2017 impuxéronse 734.919 penas, un 5,7% máis que en 2016. En 2017 inscribíronse 394.301 delitos cometidos, un 8% máis que o ano anterior. Tiveron maior incidencia foron os delitos contra a seguridade viaria (23,8% do total), os de lesións (16,6%) e os de furtos (16,2%).

Andalucía foi a comunidade autónoma con máis persoas condenadas, co 19,5% do total. Por detrás situáronse Cataluña (15,7%) e Comunidade de Madrid (13,8%). Cataluña foi a comunidade con máis condenados estranxeiros (23,5% do total) seguida de Comunidade de Madrid (17,9%) e Comunidade Valenciana (12,6%).

As cidades autónomas de Ceuta e Melilla rexistraron as taxas de condenados inscritos por 1.000 habitantes máis elevadas (25,6 e 23,8, respectivamente). Pola contra, Castela-A Mancha (5,5), Castela e León (5,5) e Aragón (6) presentaron as taxas máis baixas.

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

CURSOS ESPS+ INFORMACIÓN