O piñeiral de Cabanas suma 213 novas árbores apadriñados por 140 veciños Co obxecto de seguir o exemplo da reforestación levada a cabo no piñeiral de Cabanas fai algo máis dun século ?en 1914?, o Concello de Cabanas puña en marcha hai uns meses a campaña de replantación Co obxecto de seguir o exemplo da
O piñeiral de Cabanas suma 213 novas árbores apadriñados por 140 veciños
Co obxecto de seguir o exemplo da reforestación levada a cabo no piñeiral de Cabanas fai algo máis dun século ?en 1914?, o Concello de Cabanas puña en marcha hai uns meses a campaña de replantación
Co obxecto de seguir o exemplo da reforestación levada a cabo no piñeiral de Cabanas fai algo máis dun século en 1914, o Concello de Cabanas puña en marcha hai uns meses a campaña de apadriñamento de árbores para incorporar a este espazo, conectando así pasado e futuro, perpetuando a presenza do piñeiral para futuras xeracións. Así o apuntou onte o alcalde da localidade, Germán Castrillón, durante a plantación dos 163 piñeiros e outros 50 alcornoques adquiridos grazas á implicación de 140 veciños que se converteron así en protectores deste centro de lecer ao aire libre.
Agradecemento dos veciños:
Algúns deles participaron no acto que se desenvolveu onte no que o rexedor destacou o custoso e laborioso mantemento deste espazo para un municipio pequeno como Cabanas, polo que agradeceu a implicación dos veciños e a extraordinaria acollida do proxecto que non descartan reeditar para o próximo ano.
A contribución non quedará aquí xa que como explica o alcalde, o Concello informará as tarefas iniciais de conservación como as regas, de tal forma que se favoreza a participación dos veciños tamén no coidado dos novos exemplares.
O Concello tamén avanzou que non será ata o verán cando convocará un acto aberto no transcurso do que se instalará unha placa cos nomes dos protectores do piñeiral saídos deste proxecto.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.