A Axencia de Saúde Pública de Cataluña (ASPCAT) confirma o primeiro caso de dengue autóctono en Cataluña. Con este xa son 6 os pacientes que contraeron a enfermidade en España nos últimos meses.

O paciente é un home novo residente no Barcelonès Nord, que afirma que non viaxara previamente a ningunha zona endémica do dengue nin a ningún outro territorio do Estado. Iniciou os síntomas entre o 16 e o 18 de outubro.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta