Como se podería avanzar cara á coparentalidade no fogar e nas separacións?
Lorena Bernárdez | Xornal Galego
A discusión pasa por entender que a forma na que se construíron socialmente os roles de xénero, implica, no caso dos homes, unha particular masculinidade que se fundamenta en privilexios e que, en moitos casos, dun xeito erroneo está asociada á violencia. A masculinidade tradicional ten que ser cuestionada, e en moitos aspectos, contrarrestada como condición para poder garantir unha paternidade sa, e avanzar cara á distribución equitativa do coidado dos fillos e fillas.
Coparentalidade, equidade de xénero e erradicación da violencia machista son parte dun exercicio o que ningún destes elementos pode avanzar sen os demais, nembargantes son moitos fundamentos os que empregan a violencia como excusa para non deixar os pais separados hacia a coparentalidade.
Por exemplo moitos colectivos (que non todos) feministas adoitan dicir “mentres non se dean mostras dunha redución da violencia e as inequidades contra as mulleres, non se poderá implementar a coparentalidade”. O caso e que isto pon sobre o home, e mais no caso de un home separado unha sorte de etiqueta de maltratador polo simple feito de ser home.
Mentres os argumentos para unha reforma sexan o uso de criterios machistas en contra das mulleres, é complexo pensar que o coidado por ambos os proxenitores sexa posible, no caso dos pais e nais seaprados isto faise inda mais complexo, e a pesares de esa tradicional indefensión da muller socialmente preestablecida por seculos de machismo. No momento de unha separación son as mulleres as que teñen todas as de gañar. Do mesmo xeito que algunhas afirmacións parecen etiquetar de maltratadores a todos e cada un dos homes, tamen parece etiquetar de “boa nai” a todas e cada unha das mulleres.
Pouco parece importar o benestar do menor e sempre priman argumentos preestablecidos e toda unha chea de perxuizos, no caso das separacións moitos nenos son afastados dos pais e outorgados as nais sen maior argumento ca o de presupoñer a nai boa nai e o pai un perigo en potencia incapaz de aportar algo beneficioso os seus fillos. Coma na botica, sempre hai de todo no eido das separacións, pero o feito innegable e que incluso a actual lei de violencia de xénero e empregada por algunha desas supostas “boas nais” para gañar unha guerra na que os únicos que sufren son os nenos, nembargantes parece obrigado omitir este punto porque o que e políticamente correcto agora mesmo e falar de maltrato e victimizar a todas e cada unha das mulleres e demonizar o home polo simple feito de selo.
Non pasa por unha lei, pasa por entender como a masculinidade ten mudado moito nestes tempos, pasa por entender que moitos pais queren e non poden, e que moitos pais non queren nin deben. Pero sempre que se pensa no pai e na nai debemos contar de verdade cos fillos e fillas, porque senon non é suficiente, e que un agresor nunca será un bo pai, e unha nai que so por vinganza quere afastar os fillos do pai tampouco será nunca boa nai.
Aínda que para as nais que afirman se os pais que piden coparentalidade non se cuestionaron a perda que denuncian como pais, fronte ao conxunto de privilexios que aínda teñen por ser homes, a cuestión e que esa igualdade non debe pasar por que os nenos non teñan dereitos propios para estar con ambos a partes iguais de tempo. A discusión sobre a custodia compartida non comeza nin termina con unha reforma que se propón actualmente, dicir non a coparentalidade cando o pai e bo pai só revela o transfondo de machismo e desigualdade que aínda pervive na sociedade. Dar si ou si a custodia a unha nai por ser muller e mais do mesmo, un machismo de caverna.
Non só debemos esixir ao Estado e á sociedade no seu conxunto que profunde o nivel do debate respecto diso, de tal forma que alcance a dilucidar as conexións existentes entre os distintos tipos de inequidades entre homes e mulleres, as relacións de poder que aquelas inequidades producen, e como estas se traducen en violencia, afectando non só ás mulleres, senón ao tecido social no seu conxunto. Isto non debe ser unha gerra de homes contra mulleres senon de homes e mulleres loitando a prol dos nenos e de construir unha sociedade xusta.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.