Accidente de tráfico con feridos en Malpica de Bergantiños
O 112 Galicia recibiu ás 11:03 horas unha alerta por un accidente de tráfico con persoas feridas na intersección entre a rúa Canido e a estrada AC‑418, na entrada a Malpica de Bergantiños, xusto diante dos colexios da zona.
Segundo a información facilitada polos servizos de emerxencias, ata o lugar desprazáronse varias ambulancias, efectivos da AVPC de Malpica e axentes da Policía Local, que están a regular o tráfico e a colaborar na atención ás persoas implicadas.
A zona permanece parcialmente condicionada mentres se realizan as tarefas de asistencia e valoración dos danos.

- O número 112 non é un xogo, hai que empregalo só para emerxencias
- É un número dispoñible as 24 horas do día, gratuíto, sen custo para o usuario
- Facilítalle aos xestores todos os datos que che soliciten
- Cando debes chamar? Cando sufras ou sexas testemuña dunha situación de emerxencia que requira a asistencia do Servizo de Urxencias Sanitarias, das forzas de seguridade, de Bombeiros, da Protección Civil ou daqueles outros organismos competentes para dar a resposta axeitada á situación de emerxencia
