Un grupo de arqueólogos atoparon restos dunha cerdeira nun monte galego, despois de ter buscado por toda Galicia foron dar cos restos de unha cerdeira nun monte de Boimorto.
Informa: Rosa Carballo | Xornalista especializada en arqueoloxía da sección chouchadas
Segundo o grupo de arqueólogos “isto fainos sospeitar que en Galicia había algunha que outra especia diferente os eucaliptos”. Afirmou Candido Pastor presidente da mesa pola normalización arbórea.
Ata o lugar desprazaronse centos de investigadores e veciños da zona, segundo manifestou Mario House´s un veciño de 95 anos “teño eun 95 anos camiño dos 96 e nunca na vida tal vira, aquí temos alcolitros e piñeiros de toda a vida, iso deberono de botar dun alicoutero coma cando botan os lobos io porco bravo” manifestou este escéptico veciño.
Seguiremos embrullando!
