Segundo un convenio asinado pola Xunta de Galicia, a confederación galega de Xuntas de Montes e a congregación amish de Lancaster, a Galicia rural acollerá a perto de 80.000 amish Informa: Berto Lancaster | Xornalista rural da sección chouchadas Segundo apuntou o presidente dos Amish de Lancaster “estamos ata o carallo de que os nenos queiran
Segundo un convenio asinado pola Xunta de Galicia, a confederación galega de Xuntas de Montes e a congregación amish de Lancaster, a Galicia rural acollerá a perto de 80.000 amish
Informa: Berto Lancaster | Xornalista rural da sección chouchadas
Segundo apuntou o presidente dos Amish de Lancaster “estamos ata o carallo de que os nenos queiran xogar o minecraft e merdas desas, na Galiza rural temos a promesa da non existencia de investimentos en tecnoloxía, un lugar maravilloso”.
Tamen o presidente da xunta convidou a vir pra zona dos Peares o seu xemelgo Amish. Dende as xuntas de montes tamen quixeron manifestar a sua opinión “esta xente adaptarase o momento, ademais, inda que nalgunhas zonas temos internet de 3 mb o prezo e tan prohibitibo que ninguen vai cair nese mundo de libertinaxe de datos” apuntou Manolo de Vilar veciño do Condado Paradanta.
A mediados de mes centos de carros de amish virán en barco ate Marín e cortarase durante dous días a Ponte de Rande para que podan pasar todos e exercer o seu dereito de libre paso polas terras galegas.
Seguiremos embrullando!
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.