O Celta medita incorporar a Catanha de reforzo

O Celta medita incorporar a Catanha de reforzo

Operación maxistral a do R.C. Celta neste mercado de fichaxes, despois de moito xogar o despiste van incorporar a Catanha coma delegado de clube; pasando Gudelj a adestrar con equipo a disposición de Oscar García. Informa: Nidia Esteso | Xornal Galego sección chouchadas Maxistral xogada para non rebasar o límite salarial do R.C. Celta de

Operación maxistral a do R.C. Celta neste mercado de fichaxes, despois de moito xogar o despiste van incorporar a Catanha coma delegado de clube; pasando Gudelj a adestrar con equipo a disposición de Oscar García.

Informa: Nidia Esteso | Xornal Galego sección chouchadas

Maxistral xogada para non rebasar o límite salarial do R.C. Celta de Vigo, Catanha pasará a ser delegado do RC. Celta e Vlado Gudelj será o novo dianteiro do clube. Segundo anunciou o clube nas redes sociais, “esta xogada e a mais intelixente dende que fichamos a Nolito no canto sun porteiro”.

Preguntado sobre esta cuestión Catanha declarou “eu de delegado nin puta idea, pero non creo que rache eu coa liña dos cargos no clube”.

Vlado Gudelj co seu particular sorriso manifestouse a prol de xogar con Aspas na dianteira e dixo “malo será que cando tire a porta non lle dé eu mais forte ca Nolito ou Emre Mor”.

Dende o clube a preguntas en diferido de Xornal Galego dixeron que “Caballero e o culpable de todo; xa case temos a cidade deportiva rematada”.

Seguiremos embrullando!

 

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Latest Posts

Top Authors

Most Commented

Featured Videos

error: O contido de Xornal Galego está protexido