Bombeiros teñen que excarcerar a unha parella facendo Ioga

Bombeiros teñen que excarcerar a unha parella facendo Ioga

Case dúas horas precisaron os bombeiros para liberar a parella “Dende a miña soghra nunca vira nada tan revirado” Afirmou o xefe de bombeiros do Barbanza. Informa: Rossana Svitakkapatta “A filla de Apu” | Xornal Galego Sección chouchadas Segundo informou a axencia galega de noticias UBRE; o suceso tivo lugar o solpor na comarca do

Case dúas horas precisaron os bombeiros para liberar a parella “Dende a miña soghra nunca vira nada tan revirado” Afirmou o xefe de bombeiros do Barbanza.

Informa: Rossana Svitakkapatta “A filla de Apu” | Xornal Galego Sección chouchadas

Segundo informou a axencia galega de noticias UBRE; o suceso tivo lugar o solpor na comarca do Barbanza. Segundo o xefe dos bombeiros e bombeiras o lugar trasladaronse 7 efectivos “a estes dous carallos case lles temos que cortar os brazos e as pernas carallo, aquilo parecía un nudo mariñeiro reforsado”. Inda co susto e a tensión no corpo a parella dixo que para celebralo ían facer unha comilona de hummus, hamburguesas de hervillas e unhas berzas a parrilla.

O home de 33 anos de idade declarou “e menos mal que o León; o noso pastor alemán, quedara a ter conta das ovellas que anda nervioso e inda se nos enghanchaba tamen” o parecer a parella e ben coñecida na zona e segundo apunta unha veciña anónima que vive na Rúa Eustaquio 23, no número 4ºD d Rianxo. “Estes xa os teño eu visto a facer o kamasutra ese nas praias e no monte. Moita posturita e moita foto no facebook e lojo teñen as fiestras da casa cheas de merda por fora”

Seguiremos embrullando!

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor