Bruxelas activa axudas de emerxencia para o sector pesqueiroBruxelas activa axudas de emerxencia para o sector pesqueiro

Bruxelas activa axudas de emerxencia para o sector pesqueiro polo impacto da crise en Oriente Próximo

A Comisión Europea pon en marcha o mecanismo de crise do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura para compensar os danos económicos do conflito

A Comisión Europea activou o mecanismo de crise do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura co obxectivo de que os Estados membro poidan indemnizar a pescadores, acuicultores e outros operadores do sector afectados polas consecuencias económicas do conflito en Oriente Próximo.

A medida terá carácter retroactivo desde o 28 de febreiro e permitirá cubrir gastos ata finales deste ano. A decisión responde ao forte impacto que a escalada de tensións na rexión está a provocar sobre os custos de produción e a rendibilidade do sector na Unión Europea.

En que consisten as axudas

Segundo explica o Executivo comunitario, as axudas financiaranse con cargo aos fondos xa asignados a cada Estado membro no marco do fondo marítimo para o período 2021-2027, con cofinanciación europea. Serán as autoridades nacionais as que decidan a súa aplicación e xestionen directamente as compensacións.

O mecanismo permitirá conceder apoio aos operadores por:

  • Perda de ingresos derivada da actual perturbación do mercado

  • Incremento de custos, en particular polo encarecemento da enerxía e das materias primas

Situación crítica do sector

Bruxelas advirte de que este aumento de custos está a reducir os marxes do sector ata o punto de que parte da flota pesqueira tivo que cesar temporalmente a súa actividade por falta de rendibilidade. A acuicultura e a industria de transformación enfróntanse a dificultades similares.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta