Convocase o premio: Empoderar ás persoas e garantir a inclusión e a igualdade

Convocase o premio: Empoderar ás persoas e garantir a inclusión e a igualdade

Premio Europeo ao Desenvolvemento Sustentable O tema desta primeira edición é ”Empoderar ás persoas e garantir a inclusión e a igualdade” e o prazo para a presentación de candidaturas expira o 14 de setembro de 2018 Fundación Galicia Europa En 2018, a Comisión Europea pon en marcha por primeira vez un Premio Europeo ao Desenvolvemento

Premio Europeo ao Desenvolvemento Sustentable

O tema desta primeira edición é ”Empoderar ás persoas e garantir a inclusión e a igualdade” e o prazo para a presentación de candidaturas expira o 14 de setembro de 2018

Fundación Galicia Europa

En 2018, a Comisión Europea pon en marcha por primeira vez un Premio Europeo ao Desenvolvemento Sustentable que recompensa os esforzos e a creatividade de persoas, empresas e organizacións.
O obxectivo do premio é claro: defender casos que sirvan de fonte de inspiración a iniciativas que están a converter os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable en solucións e oportunidades concretas.
Tendo en conta o carácter transversal dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, o Premio Europeo ao Desenvolvemento Sustentable céntrase nun tema específico vinculado ao tema anual seleccionado polo Foro Político de Alto Nivel das Nacións Unidas. Na edición deste ano, o tema do premio é ”Empoderar ás persoas e garantir a inclusión e a igualdade”.
O concurso está aberto a catro categorías de partes interesadas:
  • Mozos
  • Organismos públicos
  • Organismos privados
  • Sociedade civil
Frans  Timmermans e  Jyrki  Katainen, vicepresidente primeiro e vicepresidente da Comisión Europea, respectivamente, darán a coñecer aos gañadores nunha cerimonia de alto nivel que terá lugar na primavera de 2019. O premio, de carácter simbólico e sen dotación económica, achega unha gran visibilidade que pode traducirse nun maior interese público e unha cobertura máis ampla dos medios de comunicación.
Se esta oportunidade che interesa, descubre aquí como participar no concurso. O prazo para a presentación de candidaturas expira o 14 de setembro de 2018. Podes ser o próximo defensor europeo do desenvolvemento sustentable!
Para calquera pregunta relativa ao premio, pódese contactar á Secretaría Xeral:  sg- stakeholderplatform-sdg@ec.europa.eu.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor