Día Hora inicio Hora fin 18/07/2018 8:30 14:00 18/07/2018 8:30 15:00 19/07/2018 8:30 14:00 19/07/2018 8:30 15:00 20/07/2018 8:30 14:00 20/07/2018 8:30 15:00 21/07/2018 8:30 14:00 Evento “Curso Básico de Prevención e Extinción de Incendios Forestais” 1.- Destinatarios. * Persoal das brigadas de prevención e defensa contra incendios dos concellos da provincia de Ourense e
Día | Hora inicio | Hora fin |
---|---|---|
18/07/2018 | 8:30 | 14:00 |
18/07/2018 | 8:30 | 15:00 |
19/07/2018 | 8:30 | 14:00 |
19/07/2018 | 8:30 | 15:00 |
20/07/2018 | 8:30 | 14:00 |
20/07/2018 | 8:30 | 15:00 |
21/07/2018 | 8:30 | 14:00 |
Evento
“Curso Básico de Prevención e Extinción de Incendios Forestais”
1.- Destinatarios.
* Persoal das brigadas de prevención e defensa contra incendios dos concellos da provincia de Ourense e do servizo de Medio Ambiente e da Deputación Provincial Ourense que requiran unha cualificación especializada para realizar este tipo de tarefas.
2.- Desenvolvemento.
2.1.- Modalidade da acción formativa: curso presencial.
2.2.- Duración: 25 horas.
2.3.- Datas de realización: – do 18 ao 21 de xullo de 2018 (1ª Edición)
2.4.- Días das sesións presenciais: – 18, 19, 20 e 21 de xullo de 2018 (1ª Edición) – 16, 17, 23 e 24 de xullo de 2018 (2ª Edición)
2.5.- Horario das sesións presenciais:
- 1ª Edición: de 8.30 a 15.00h os días 18, 19 e 20 de xullo; de 8.30 14.00h o 21 de xullo.
2.6.- Lugar:
- 1ª Edición: Aulas de Formación do Concello de Viana de Bolo.
2.7.- Prazas: 20 participantes por edición.
2.8.- Número de edicións: dúas.
3.- Obxectivos.
* Proporcionar ao alumnado os coñecementos teóricos e prácticos que lles habiliten para realizar as operacións de ataque inicial e sostido, de control e de liquidación do incendio, dándolle a coñecer as ferramentas e técnicas necesarias, e as pautas para que poidan integrarse como unidade nunha estrutura de maior complexidade, todo dentro do marco de seguridade e eficacia máis adecuado, e de acordo aos protocolos de actuación.
* Formar as persoas participantes na interpretación visual do comportamento do lume para que poida predicir a súa evolución e establecer a seguridade das actuacións ou posicións dentro da zona de influencia do incendio.
* Facer partícipes aos/as asistentes dunha formación básica de carácter integral en materia de loita contra incendios, para a súa óptima intervención inicial ante situacións de emerxencia.
* Concienciar ao persoal das brigadas da necesidade de empregar os instrumentos e medios de traballo dunha forma segura e de que se protexan adecuadamente para evitar lesións.
4.- Programa.
5.- Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará cinco días naturais antes do inicio do curso,
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.