Dous compañeiros de traballo descobren grazas a Facebook que son pai e fillo Fonte: RT Nathan Boos sempre soubera que era adoptado, pero non soubo quen era o seu pai biolóxico ata que a súa nai localizouno entre os amigos do seu fillo na rede social. En EE.UU., dous compañeiros de traballo e amigos descubriron
Dous compañeiros de traballo descobren grazas a Facebook que son pai e fillo
Fonte: RT
Nathan Boos sempre soubera que era adoptado, pero non soubo quen era o seu pai biolóxico ata que a súa nai localizouno entre os amigos do seu fillo na rede social.
En EE.UU., dous compañeiros de traballo e amigos descubriron recientamente que son pai e fillo, informa a estación de televisión WEAU.
Nathan Boos, un camioneiro residente do estado de Wisconsin, sabía que fora adoptado ao nacer, pero xamais se preguntou quen eran os seus proxenitores biolóxicos. Foi a súa nai adoptiva quen se deu conta de que entre os amigos de Facebook do seu fillo estaba nada menos que o seu pai biolóxico.
“Ela entrou á lista de amigos do meu Facebook e mostroume a súa foto e eu díxenlle que se saíse de aí”, contou Boos o momento no que a súa nai lle revelou a noticia.
Resultou que o seu pai biolóxico, Bob Degaro, era un compañeiro de traballo con quen levaba traballando dous anos na compañía Rock Solid Transport.
“[Nathan] mandoume unha mensaxe por Facebook un día e preguntoume se coñecía á súa nai biolóxica e eu díxenlle que si, que era a miña exesposa… case caín do meu asento”, relatou á súa vez Degaro.
O home, que ten dous fillos co seu exmujer, explicou que decidiron dar a Nathan en adopción debido aos problemas económicos que atravesaban naquel tempo. Unha decisión que foi moi dificil para el, confesou.
“Nese entón, eu non era un bo pai. A súa nai biolóxica elixiu os pais adoptivos porque estaban relacionados dalgún modo. Eran os seus curmáns afastados, creo”, detallou.
Agora, os dous homes esperan profundar na súa relación de amizade, e Boos convidou ao seu pai a asistir á súa futura voda.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.