Faltan pediatras en Galicia. Dende fai tempo esta situación estase a enquistar en Galicia, cocretamente o Sergas está a ter problemas serios para solventer ditos problemas. A pediatría é unha das especialidades con máis déficit de facultativos. O 12 por cento das prazas están ocupadas por médicos de familia, segundo un estudo da Asociación Española
Faltan pediatras en Galicia. Dende fai tempo esta situación estase a enquistar en Galicia, cocretamente o Sergas está a ter problemas serios para solventer ditos problemas.
A pediatría é unha das especialidades con máis déficit de facultativos. O 12 por cento das prazas están ocupadas por médicos de familia, segundo un estudo da Asociación Española de Pediatría en Atención Primaria.
O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas reuníronse para aprobar a oferta de prazas de formación sanitaria da convocatoria 2018-2019, que terá 8.402 postos, dos que a maioría, 6.797, correspóndense co mir dos médicos. No caso de Galicia haberá un incremento de prazas, dez en concreto, ao pasar de 394 a 404 en todas as categorías profesionais.
Necesitaríanse ao redor de 40 doutores para cubrir estas vacantes, pero ademais o problema agrávase porque un de cada catro pediatras ten máis de 60 anos, de maneira que en cinco anos cumprirán a idade de xubilación. Na comunidade galega traballan actualmente nos centros de saúde uns 340 profesionais especializados na atención a nenos, de maneira que ao redor dun oitenta poderían xubilarse a partir de 2023, salvo que opten por prolongar a súa vida laboral até os 70 anos.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.