Unha persoa resultou ferida e atrapada tras chocar contra un piar da A‑6 en Rábade

Un condutor resultou ferido na madrugada deste luns despois de que o vehículo no que circulaba impactase contra un piar da autovía A‑6, nunha rotonda inferior pertencente á estrada LU‑541, no termo municipal de Rábade. O impacto deixou ao home atrapado no interior do habitáculo, polo que foi necesaria a intervención dos equipos de rescate.

Segundo informou o 112 Galicia, o aviso do sinistro chegou ás 02:20 horas, a través dunha comunicación da Garda Civil de Tráfico. Desde a central de emerxencias activouse un operativo no que participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia‑061 e os Bombeiros de Vilalba.

Unha vez no punto, os bombeiros empregaron ferramentas de excarceración para liberar ao ferido, que permanecía atrapado polo estado no que quedara o vehículo tras o impacto. O persoal sanitario atendeu ao condutor e trasladouno posteriormente ao hospital de referencia.

As causas do accidente están sendo investigadas pola Garda Civil.

 

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta