Filmoteca de Galicia estrea web coa posibilidade de ver películas restauradas e dixitalizadas

Filmoteca de Galicia estrea web coa posibilidade de ver películas restauradas e dixitalizadas

O CINE RECUPERADO POLO CGAI PODERÁ VERSE EN LIÑA NA SÚA NOVA PÁXINA WEB A Filmoteca de Galicia estrea web coa posibilidade de ver películas restauradas e dixitalizadas do seu arquivo, abríndoo así á cidadanía   Outras novidades son unha importante mellora no deseño e a navegación; a creación dun blog; e a posibilidade para

O CINE RECUPERADO POLO CGAI PODERÁ VERSE EN LIÑA NA SÚA NOVA PÁXINA WEB

A Filmoteca de Galicia estrea web coa posibilidade de ver películas restauradas e dixitalizadas do seu arquivo, abríndoo así á cidadanía

 

Outras novidades son unha importante mellora no deseño e a navegación; a creación dun blog; e a posibilidade para os usuarios de crear os seus propios calendarios de sesións e de se inscribir en cursos e seminarios

A Coruña, 14 de xuño de 2018.- O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia vén de abrir un novo web que pode visitarse en www.cgai.gal cuxa principal novidade, ademais dun deseño renovado e dunha reestruturación integral que mellora a navegación, é a posibilidade de acceder en liña a parte do arquivo fílmico do CGAI. Deste xeito, búscase universalizar o acceso ao patrimonio cinematográfico galego que atesoura a institución.

 

Este servizo inaugúrase cunha selección de oito traballos recuperados e restaurados pola filmoteca da Xunta de Galicia, que continuará medrando nos próximos meses, nun proceso de dixitalización do arquivo que se acometerá ao longo do ano. Na súa meirande parte, estas primeiras pezas teñen un carácter patrimonial e etnográfico, centrándose na paisaxe e tradicións de Galicia.

 

Patrimonio fílmico ‘online’

Varias delas son produto das asociacións galegas en América Latina, tendo como obxectivo orixinal darlles novidades da súa terra aos emigrados. É o caso de Galicia y Buenos Aires (José Gil, 1931) ou Un viaje por Galicia (Manuel Arís, 1958), que no seu momento constituíron unha sorte de cartas filmadas e hoxe permítennos coñecer a Galicia deses anos.

 

Outro dos importantes cineastas amadores que traballou neste eido foi Eligio González, o chamado “fotógrafo da colectividade”, do que o CGAI rescata Porriño en Buenos Aires (1942) e Imaxes de Castelao en Buenos Aires (1972), un importante documento que recolle a actividade do escritor na capital arxentina entre as décadas dos corenta e os setenta.

 

Completan esta escolma coa que se inicia a recuperación online do arquivo varios documentais dos anos vinte como Imaxes de Vigo e arredores (anónimo, 1926), Tintorería España (anónimo, 1927), Pontevedra, cuna de Colón (Enrique Barreiro, 1927) e Talleres Alonarti. Sociedad La Artística Ltda. (José Gil, 1928).

 

Un deseño renovado e novas funcionalidades

O deseño e desenvolvemento do web correu a cargo da cooperativa NUMAX, que ofrece aires renovados no visual e mellora a navegación considerablemente. Ademais do acceso ao arquivo, outra das principais novidades é un blog de novas que permite contextualizar mellor as actividades que se desenvolven no centro e recibir un boletín se se desexa.

 

Esta última é só unha das funcionalidades que permitirá o rexistro de usuarios, quen tamén poderán inscribirse en cursos e seminarios de forma automatizada a través deste sistema ou crear o seu propio calendario de sesións.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor