Florentino Pérez: "Con Franco a xente non opinaba tan libremente...Florentino Pérez: "Con Franco a xente non opinaba tan libremente...

Florentino Pérez: “Con Franco a xente non opinaba tan libremente… de fútbol” e arremete contra Celta e Depor…

Informa: Terio Carreira | Analista Florentiniano. Sección Chouchadas

O presidente do Real Madrid Florentino Pérez ven de facer unhas declaracións explosivas: “Con Franco a xente non opinaba tan libremente… de fútbol”; tamen criticou abertamente a prensa con unhas declaracións para a historia “as mulleres con Franco non escribían de fútbol e os xornalistas non escribían nin con liberdade, nin contra o equipo da nación”.

O presidente merengue deixou claro que non vai dimitir. Nin hoxe, nin mañá, nin cando o sol se apague, na miña época ninguén dimitía e agora tampouco. Dimitir e de portugueses!

Entre declaración e declaración, deixou caer que ao Madrid roubáronlle como mínimo sete Copas de Europa e 29 ligas, algunhas o Deportivo da Coruña e o Celta a Intertoto.

E por suposto, non faltou a súa mensaxe á prensa: Os de xornal Galego sempre están a darme caña e caña voulles dar eu; vou retirar a publicidade toda dese xornal e soamente van quedar catro matados escribindo no xornal…

 

Seguiremos embrullando, porque a realidade sempre supera o humor…

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta