Galicia dispara as consultas de sanidade por picaduras de avespa

Galicia dispara as consultas de sanidade por picaduras de avespa

Galicia acumula en só unhas semanas tres mortes por picaduras de avespas.  Os expertos recoñecen que son demasiado para estar a principios de verán. De feito, adoitan esperar catro ou cinco mortes ao ano por esta causa. As picaduras de avespas e abellas (himenópteros) dispáranse durante os meses cálidos, cando estes insectos están activos e

Galicia acumula en só unhas semanas tres mortes por picaduras de avespas.

 Os expertos recoñecen que son demasiado para estar a principios de verán. De feito, adoitan esperar catro ou cinco mortes ao ano por esta causa.

As picaduras de avespas e abellas (himenópteros) dispáranse durante os meses cálidos, cando estes insectos están activos e faise máis vida ao aire libre.

A Vespa Velutina provén de Asia. Apareceu no Sur-Oeste de Francia en 2005, ao parecer introducida en mercadorías chinesas importadas. Actualmente ocupa o SO francés e estendeuse polo Norte da península Ibérica e Norte de Portugal.

As reaccións adoitan ser locais, con picor, enrojecimiento e inflamación circunscrita á zona onde pica o insecto, pero cando a área de inflamación é maior de 10 cm. de diámetro atopámonos ante unha reacción alérxica que se considera patolóxica. Nalgúns casos prodúcense lesións na pel a distancia do lugar da picadura, dificultade para respirar, mareo ou síntomas dixestivos, o que constitúe unha reacción alérxica xeneralizada grave ou anafilaxia.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor