1º Horóscopo Galego. Made in O Jrove Horóscopo Galego predicción da Semana do 27 de agosto ó 02 de setembro de 2018. Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade… 1º horóscopo en Galego. Feito 100% no Jrove ARIES |: Es coma un
1º Horóscopo Galego. Made in O Jrove
Horóscopo Galego predicción da Semana do 27 de agosto ó 02 de setembro de 2018.
Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…
1º horóscopo en Galego. Feito 100% no Jrove
- ARIES |: Es coma un carro de bestas, pero hai cousas coas que non podes loitar. Pode que teñas que asubiar antes de desesperar xa que os astros anuncian tormenta. Prepara o sacho, afiao ben e pono en alto porque te andan a foder cos teus asuntos profesionais. Se esperas chejar a casa e descansar tamen ahí ai a haber tormenta… Fai coma os mouchos. Abre ben os ollos!
- TAURO |: Se lees libros de autoaxuda ahí non esta a solución. Escoita o teu corazón (se inda fala). Vas deixar atras os medos e inseguridades. A Lúa Chea favoreceche as amizades, e ti e eu sabemosque eres moi de lunas ti. Relacións positivas con momentos sensuais…
- XEMELGOS |: O plenilunio (nada que ver co pleno o 15) condúceche ao éxito e culmina os teus plans. Vas a coñecer a xente nova, pero cecais demasiado nova… eu chamariate asaltacunas… Lembra que a xente nova e a leña verde só fan fume. No choio o ambiente pode estar tenso coma se traballases no valle de los caídos.
- CARANGUEXO |: Inicias a semana con unha axenda de ministro pero vas poder levar a cabo todo. A Lúa Chea axudache en viaxes e no choio. Sentirás algo máxico que parece coma se te protexera, revisa que non teñas un feixón no cú no vaia ser iso, mais se non e será da lúa. Paixón no amor, tipo videoclip de Shakira, tamen chamada Saquira por los del sanjenjo.
- LEÓN |: Pode aparecer unha persoa ou suceder algo que cambie todo para mellor. A Lúa Chea vai solucionar asuntos de herdanzas. Esta semana será coma sentir que te rañan as costas onde ti non chejabas (fai ioga, carallo xa cho teño dito). Necesitas coidarte máis. O alcol non conserva por certo!
- VIRXE |: A Lúa Chea enfronte do teu signo axudarache a expresar as emocións. Come mais fibra porque as veces as janas de cajar confundense con emocións, e despois fas unha cajada… Sentirastte con mais enerxías. Estarás mais intuitivo ca unha velutina no despacho de medioambiente da xunta.
- BALANZA |: Descansa carallo! física e mentalmente, sen filosofías porque o final vai ser a Lúa Chea a que te dará a solución a un tema de traballo. A semana vai ser de descanso por momentos e lecer en outros… xa sabes: acabou o día e rematou a romaria… Queda con esa persoa especial e fai algo espacial..
- ESCORPIÓN |: Vale mais criar un porco na bañeira do piso que debatir contijo. Quererás facer as cousas á túa maneira, pero isto vaiche traer problemas aploma un chisco que de momento non sabes mexar channel Nº 5. A Lúa Chea favorece o amor, a sorte, as relacións.
- SAXITARIO |: Non sufras por outros dese xeito! pensa en ti mesmo e evita que te quiten esa tranquilidade, se tes o piorno cheo e polo quelevas traballado. A Lúa Chea favorece a túa relación coa familia. Se estás distanciado de alguén esta semana tes a oportunidade de esquecer. Se vas comer fora ten conta co menú, os astros vaticinan furriqueira.
- CAPRICORNIO |: Sentirás a gañas de deixar de lado a autoexigencia. A Lúa Chea favorece a comunicación, pero deixa de fozar no carallo do whatsApp todo o día. A lúa axuda a aclarar malentendidos. Posibilidade de lograr mellores condicións laborais ou atopar emprego, se estas xubilado proba sorte co número 8.
- ACUARIO |: Vas estar inconformista, vas querer adicionar algo a tua vida (coma cando lle votas o chimichinrri ese o churrasco) un pouco de mollo e emoción na túa vida, ti molla que malo será. O recibes do planeta do amor, Venus. A Lúa Chea favorece o traballo e a economía.
- PEIXES |: A Lúa Chea no teu signo e coma unha cajada dunha avareixa nivel deus, isto axúdache a facer realidade os teus soños. Entusiasmo e gañas de vivir. Aproveita esta semana máxica para ti. Incluso serías capaz de remtar ese cubo de rubik cos ollos pechados, pero mellor centrate en gozar da semana.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.