Identificada unha encima vital para o rendemento dos cultivos

Identificada unha encima vital para o rendemento dos cultivos

Identificada unha encima vital para o rendemento dos cultivos Fonte: CSIC Un equipo internacional con participación de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) identificou que a encima fosfoglucosa isomerasa plastidial (PGI1) desempeña unha importante función para determinar a produción e desenvolvemento de sementes na planta Arabidopsis. Coñecer os mecanismos que controlan a formación

Identificada unha encima vital para o rendemento dos cultivos

Fonte: CSIC

Un equipo internacional con participación de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) identificou que a encima fosfoglucosa isomerasa plastidial (PGI1) desempeña unha importante función para determinar a produción e desenvolvemento de sementes na planta Arabidopsis. Coñecer os mecanismos que controlan a formación das sementes e a acumulación de sustancias de reserva, tales como aceites e proteínas, ten un valor agrícola e industrial importante, posto que o número de sementes e o seu peso son factores decisivos na produtividade dos cultivos. Os resultados, publicados na revista Plant Cell, achegan información relevante para o deseño de estratexias que permitan incrementar a produtividade dos cultivos.

Este estudo demostrou que a encima PGI1 é un factor decisivo para o rendemento das plantas debido á súa implicación en dous procesos moi diferentes e aparentemente sen relación: o desenvolvemento reprodutivo e a produción de sustancias de reserva (aceites e proteínas) nas sementes?, segundo explica Javier Pozueta, investigador do Instituto de Agrobiotecnología.

Exemplar de planta Arabidopsis. /INSTITUTO DE AGROBIOTECNOLOGÍA

Investigamos se PGI1 é un determinante importante da produción e calidade das sementes da planta Arabidopsis. Para iso investigamos a pauta de expresión de PGI1 e caracterizamos plantas mutantes que carecen de PGI1, engade. Os resultados mostraron que a produción de sementes do mutante é menor que a das variedades silvestres. Ademais, as sementes mutantes son máis lixeiras e acumulaban menos acedos grasos e proteínas que as sementes silvestres, indica o investigador.

As hormonas plastidiales isoprenoides (como as citoquininas e as giberelinas) regulan o crecemento e o desenvolvemento das plantas e, por tanto, a produción de sementes. Nas especies oleaginosas tales como Arabidopsis, os ácidos grasos e as proteínas son compoñentes que determinan o peso das sementes.

Neste estudo demostramos que as rutas metabólicas implicadas na síntese destes compostos se ?nutren? de compostos xerados a partir dun proceso metabólico no que intervén PGI1, conclúe Pozueta.

Abdellatif Bahaji, Goizeder Almagro, Ignacio Ezquer, Samuel Gámez-Arcas, Ángela María Sánchez-López, Francisco José Muñoz, Ramón José Barrio, M. Carmen Sampedro, Nuria De Diego, Luká Spíchal, Karel Dole?ao, Danu?e Tarkowská, Elisabetta Caporali, Marta Adelina Mendes, Edurne Baroja-Fernández and Javier Pozueta-Romeu. Plastidial phosphoglucose isomerase is an important determinant of seed yield through its involvement in gibberellin-mediated reproductive development and storage reserve biosynthesis in Arabidopsis. Plant Cell. DOI: 10.1105/tpc.18.00312

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor