Inspección de Traballo insta a deixar de chamar e mandar correos fora do horario laboral

Inspección de Traballo insta a deixar de chamar e mandar correos fora do horario laboral

A Inspección de Traballo insta a unha empresa de seguridade a que deixe de chamar e mandar correos aos seus empregados fora do horario laboral A práctica vulnera a desconexión dixital e o dereito á intimidade dos seus traballadores, segundo a Inspección, que esixe a empresa a que cinga a súa comunicación á xornada de

A Inspección de Traballo insta a unha empresa de seguridade a que deixe de chamar e mandar correos aos seus empregados fora do horario laboral

A práctica vulnera a desconexión dixital e o dereito á intimidade dos seus traballadores, segundo a Inspección, que esixe a empresa a que cinga a súa comunicación á xornada de traballo

 

Non respectar a desconexión dixital dos empregados pode ser motivo de sanción por parte da autoridade laboral. Mesmo por acoso ao persoal. A Inspección de Traballo instou á empresa de seguridade a que deixe de facer chamadas e enviar correos electrónicos aos seus traballadores fóra da súa xornada laboral, tras unha denuncia presentada por ADN Sindical en Catalunya.

O sindicato difundiu a comunicación da Inspección na que lles informa da “extensión de acta de infracción” á compañía, cunha proposta de sanción por acoso ao persoal, pero fontes da empresa insisten en que se trata dun “erro” e que só se lles emitiu unha advertencia para que cumpran este punto, “pero non hai acta de infracción ningunha”.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor