San Xosé Obreiro 2026: catro días de música, baile e diversión no Alto do Castiñeiro
Entradilla:
As festas do barrio naronés arrincan o xoves 30 de abril e esténdense ata o domingo 3 de maio, cunha programación que inclúe orquestras, grupos musicais e unha xornada especial para os máis pequenos.
Texto:
As festas de San Xosé Obreiro 2026 xa están aquí. Do xoves 30 de abril ao domingo 3 de maio, os veciños de Narón poderán desfrutar de catro días cheos de música, risas e baile.
A orquestra París de Noia será a encargada de dar o pistoletazo de saída ás festas. A formación musical presentará o xoves 30 de abril a súa última xira «Va por ti» e compartirá cartel co grupo Assia para animar a previa á fin de semana.
O venres 1 de maio, coincidindo co festivo polo Día do Traballador, o barrio de O Alto do Castiñeiro recibirá os grupos Unión e Fuerza e Origen, e a orquestra Cinema, que porán o toque musical á noite naronesa.
Ao día seguinte, o sábado 2, será a quenda do grupo Jaque e das orquestras Olympus e Cayenna, mentres que o domingo 3 de maio, como broche final ás festas de San Xosé Obreiro, subiranse ao escenario as orquestras Capitol e New York.
Ademais do apartado musical, as festas do barrio de O Alto do Castiñeiro tamén poñerán o foco na diversión coa celebración, o luns 4, do Día do Neno. Os pequenos da casa poderán desfrutar de diversas atraccións a prezos populares.

