Adeus ao aeroporto de Santiago durante 35 díasAdeus ao aeroporto de Santiago durante 35 días

Adeus ao aeroporto de Santiago durante 35 días: estas son as claves do peche

 O aeroporto de Santiago pecha as súas portas este xoves durante 35 días para renovar a súa pista. Estas obras desviarán o tráfico aéreo principalmente á terminal da Coruña. Despois dos traballos, o aeroporto reabrirá con máis rutas internacionais para tentar corrixir a perda de pasaxeiros que vén sufrindo desde hai máis dun ano.

Estas son as claves do peche do principal aeroporto galego, que obrigará a reorganizar temporalmente o tráfico aéreo en Galicia. Mentres tanto, trabállase nun modelo de futuro con máis coordinación entre as tres terminais para mellorar a conectividade e facelas máis competitivas.

Renovación da pista

Lavacolla, como se coñece ao aeródromo compostelán, permanecerá pechado entre o 23 de abril e o 27 de maio para renovar por completo a súa pista, que non se actualizaba desde o ano 2008.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta