O detido por tentar matar a Trump tiña casa en Oleiros segundo informan dende a CIA que está a investigar as conexións co alcalde de Oleiros.
Informa: Maruja de Cita | Sección Chouchadas
Segundo informan dende a CIA a este xornal en exclusiva e mais nomeadamente a min: Maruja de Cita ou MaruCita no perfil de tinder; o home que tentou asasinar a Donald Trump podía ter sido veciño de Oleiros onde tería unha casa dende fai anos. O detido apunta que puido terse levado polas recentes declaracións do alcalde de Oleiros que dicía que había que matalo…
Dende a CIA comprometense a investigar a fondo este tema e mesmo declarar a Oleiros xunto con Corea do Norte o Eixo do mal xa que unha cousa e matar de verdade como facemos nos os americanos e outra cousa e dicilo como fan eles; os de Oleiros…
A CIA ten o ollo posto no Castelo de Santa Cruz. Tras descubrirse que o tirador de Trump tiña o carné de socio da biblioteca de Oleiros, Washington entra en pánico. Segundo as miñas fontes (un axente que quedou frito despois dunha queimada en Bastiagueiro), o FBI está a analizar se as estatuas do Che son en realidade antenas parabólicas conectadas directamente con Pyongyang.
Segundo un axente secreto da CIA que xa visitou Oleiros e non aguantou nin o segundo chupito de licor café: isto si que son armas de destrucción masiva e non esa merda que fan con uranio…
A CIA declarará o Licor Café de Oleiros como arma química prohibida pola Convención de Xenebra. “O uranio é para principiantes, o de Oleiros báixache o Windows de golpe”, declarou o axente entre delírios.
Seguiremos embrullando! porque a realidade sempre supera a ficción…

